Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

APROBACIÓN definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello de Barbadás (recualificación de terreos para equipamento no núcleo de Cimadevila)

O Pleno municipal, na sesión do día 29 de abril, acordou aprobar definitivamente a modificación das normas subsidarias de planeamento do concello de Barbadás (recualificación de terreos para equipamento no núcleo de Cimadevila), tendo en conta o informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 26 de marzo de 1998.

O que se fai público en cumprimento do disposto nos artigos 70.2º da Lei 7/1985 (modificada pola Lei 39/1994), 48.2º da Lei 1/1997 do 24 de marzo do solo de Galicia, e o 6 e 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, da Xunta de Galicia.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses seguintes a esta publicación, tralo cumplimento previo do artigo 110.3º da Lei 30/1992.

Esta publicación determina tamén que quedan cumpridos os requisitos e esixencias previstos nos artigos 59 e 60 da Lei 30/1992.

Barbadás, 30 de abril de 1998.

O alcalde

Rubricado

4729