Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA RÚA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1998 referente a convocatoria para prover, en propiedade, unha praza de administrativo de Administración xeral, promoción interna.

No BOP de Ourense, nº 104, con data do 9 de maio de 1998, aparecen publicadas as bases para cubri-la praza a que alude anteriormente, por concurso oposición.

1. Para tomar parte na mencionada convocatoria requiriranse os requisitos sinalados nas bases.

2. O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais desde a publicación do presente anuncio da convocatoria no BOP da Ourense.

3. As sucesivas publicacións efectuaranse no BOP de Ourense e no taboleiro de edictos do concello.

A Rúa de Valdeorras, 14 de maio de 1998.

O alcalde

Rubricado

4549