Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 30 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación que se cita. (Expediente 5919).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Erimsa, con enderezo en Juana de Vega, 2-6ª planta, 15003 A Coruña, presentou nesta delegación provincial, o día 23 de febreiro de 1998, instancia-solicitude do permiso de investigación Karles de 264 cuadrículas mineiras para recursos de cuarzo e Sección C, que se sitúa nos concellos de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei, da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 5919 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 31' 00''43º 13' 20''

2-7º 27' 00''43º 13' 20''

3-7º 27' 00''43º 06' 00''

4-7º 31' 00''43º 06' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 30 de marzo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5169