Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1998 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia para realizar un inventario de explotacións mineiras antigas abandonadas da Comunidade Autónoma galega e proxecto de selado e clausura.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 4/98.

Obxecto do contrato: inventaria-las explotacións mineiras antigas abandonadas e redacta-lo proxecto de selado e clausura. O traballo dividirase en dous lotes:

Lote A: minas localizadas nas provincias da Coruña e Lugo.

Lote B: minas localizadas nas provincias de Ourense e Pontevedra.

Prazo de execución: o prazo máximo de execución do contrato será o 30 de novembro de 1998.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación:

Lote A: vintecinco millóns de pesetas (25.000.000 de ptas.)

Lote B: vintecinco millóns de pesetas (25.000.000 de ptas.).

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de contrato de cada un dos lotes ós que se presente proposición:

Lote A: 500.000 ptas.

Lote B: 500.000 ptas.

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente tramitado polo procedemento de urxencia ó abeiro do artigo 72 da LCPA.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, de CAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1998.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

4431