Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación que se cita. (Expediente 97/265).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Top-Wash, S.L., con enderezo social no polígono de Sabón, Avda. da Prensa, 86, Arteixo (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

Ampliación da planta de coxeración consistente nun grupo motor-xerador de 1.100 kVA alimentado a gas natural, con centro de transformación de 1.250 KVA e relación de transformación 20-15/0,38 kV.

Lugar onde se vai establece-la instalación: factoría da empresa no polígono industrial de Sabón, Avda. da Prensa, 86, Arteixo (A Coruña).

Orzamento: 41.745.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días, nesta Delegación Provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 28 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4598