Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/299-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. r/ Rosalía de Castro-Ambulatorio.

Situación: Betanzos.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 0,045 km con orixe na L.M.T.S. a C.T. rúa Rosalía de Castro (N-VI) e final no C.T. rúa Rosalía de Castro-Ambulatorio, en conductor 2 R.H.V.-12/20 kV. 3 (1x240) mm Al. C.T. compartimentado metálico de 630 kVA. 15.000/380-220 V na rúa Rosalía de Castro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 27 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4428