Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: instalación de L.M.T., C.T., R.B.T. Castiñeiro do Lobo.
Situación: Ames.
Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV de 0,23 km con orixe na liña L.M.T. Santiago II Roxos-Trasmonte (expediente 27158) e remata no Castiñeiro do Lobo, en conductor LA-56/54,6 mm, sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 20.000/380-220V no Castiñeiro do Lobo. Liña R.B.T. aérea de 1,89 km con orixe no C.T. Castiñeiro do Lobo, en conductor R.Z., sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con
dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 22 de abril de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
4252