Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/361-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: instalación L.M.T.S. Xubia.

Situación: Neda.

Descricións técnicas: entronque de paso aéreo-subterráneo a 15/20 kV con orixe no centro

de transformación Empedrón e remate na liña de media tensión existente a Narón, en conductor LA-110/116,2 mm sobre apoio metálico. Liña de media tensión subterránea a 15 kV de 0,098 km con orixe no centro de transformación Empedrón e remate na liña de media tensión existente a Narón en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 22 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4251