Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/79-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Enderezo social: Avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama.

Denominación: reforma L.M.T. Pazo-Muras-Mosteiro.

Situación: Pazos de Borbén.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 95 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 1 da L.M.T. Pazo-Muras-Mosteiro ata o C.T. existente en Amoedo, concello de Pazos de Borbén.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 8 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegado provincial de Pontevedra

4126