Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 maio de 1998 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia, a contratación dunha póliza de responsabilidade civil por danos causados a terceiros e unha póliza colectiva de accidentes corporais derivadas das actividades levadas a cabo polos alumnos de formación profesional na realización de prácticas en empresas.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

2. Obxecto do contrato.

2.1.a) Descrición do obxecto: póliza de responsabilidade civil por danos causados a terceiros e unha póliza colectiva de accidentes corporais.

b) Prazo de execución ou data límite de entrega: do 1 de xullo de 1998 ó 30 de xuño de 1999.

c) Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.000.000.

d) Fianza provisional: 2% do orzamento de contratación.

e) Clasificación: non é necesaria.

3. Obtención de documentación e información.

3.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina de información).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

3.2. Documentación.

a) Teléfono: (981) 54 65 00.

b) Domicilio: San Lázaro, 107 - Santiago de Compostela (A Coruña).

4. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten variantes económicas.

5. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional (sala de xuntas 2º piso).

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, 107.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil contado desde a finalización do prazo de presentación das proposicións; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: a partir das 12 horas.

6. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1998.

P.D. (Orden 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de

Educación e Ordenación Universitaria

4004