Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.112

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE LUGO, S.A.

ANUNCIO da convocatoria do concurso das obras de iluminación pública do parque empresarial IN-F de Lugo (ampliación do Ceao), fase 2-A.

Orzamento total: 5.698.718 ptas.

As bases do concurso, contrato tipo, prego de condicións, proxecto técnico e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sitas na praza de Santo Domingo, nº 6-5º de 11 a 14 horas, de luns a venres, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

As proposicións económicas e demais documentación esixida para concursar, conforme establece o prego de bases, deberán ser presentadas nas oficinas de Xestur Lugo, ata as 14 horas do décimo quinto (15) día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anunciono Diario Oficial de Galicia, ou o inmediato hábil seguinte se o décimo quinto día natural cadra en sábado, domingo ou festivo.

Non se admitirán ofertas por correo.

A apertura das proposicións económicas, en acto público, efectuarase na sala de xuntas de Xestur Lugo, ás 14 horas do terceiro día hábil seguinte contado a partir do último fixado para a presentación das proposicións.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Xestur-Lugo