Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

CONVOCATORIA de concurso: contratación das obras de acondicionamento da rúa Mariano Carrero.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 98/67.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de acondicionamento da rúa Mariano Carrero.

b) Lugar de execución: concello de Verín.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 11.825.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 236.500 ptas.

Definitiva: 473.000 ptas., máis o 4% sobre o importe das melloras que se ofertaron, que se valoraron e que se aceptaron no concurso

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín.

b) Domicilio: praza do Concello.

c) Localidade e código postal: Verín, 32600.

d) Teléfono: 41 03 34.

e) Fax: 41 19 00.

f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguiente ó da publicación do presente edicto no DOG (de coincidir con domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguiente día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista: non se exixen.

8. Presentación das proposicións:

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (de coincidir con domingo ou festivo prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo), ás 14 horas.

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos do punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre

que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalen nas bases da contratación.

b) Aprobación expediente de contratación: Decreto da Alcaldía do 19-5-1998.

c) Consulta da documentación: Imprenta Monterrey, Avda. Portugal, fronte á praza do Concello, teléfono: (988) 41 39 43.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 19 de maio de 1998.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde

4653