Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de caza 96/0241.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, (BOE nº 82, do 6 de abril), e do seu regulamento aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76, do 30 de marzo. Corrección de erros nº 112, do 11 de maio), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efctivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, senque este se presentase, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 23 de abril de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-96/0241.

Denunciado: David Trillo Bravo.

DNI: 32.451.042.

Último enderezo coñecido: Tierno Galván, Ed. Brugo, 2 AT-B Acea da Ma O Burgo, Culleredo.

Feito denunciado: adestrar 3 cans de caza sen autorización do coto.

Tipificación infracción Lei de caza: artigo 48.1.8º, cualificación grave, 48.2.2º 5, cualificación menos grave.

Sanción: 5.000 multa.

4353