Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 4 de maio de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre as pensións non contributivas da Seguridade Social relacionadas no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó seren devoltas polo servicio de correos as resolucións envíadas no seu día, notifícaselles ós citados no anexo da resolución dictada en relación co seu expediente de pensión non contributiva pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Contra esta resolución poderá interpoñer reclamación previa á vía da xurisdicción laboral ante esta delegación provincial dentro dos trinta días seguintes ó da data na que se publique este edicto, conforme o disposto no artigo 71 do texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado por Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Pontevedra, 4 de maio de 1998.

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: Alfonso González González.

DNI: 36.154.203.

Resolución: notificación de caducidade.

Causa: non presenta-la documentación requirida.

Fundamento de dereito: R.D. lexislativo 1/1994.

Cantidade por reintegrar: 0.

Pensionista: Serafín Pose Luque.

DNI: 36.093.185.

Resolución: notificación de caducidade.

Causa: non presenta-la documentación requirida.

Fundamento de dereito: R.D. lexislativo 1/1994.

Cantidade por reintegrar: 0.

4639