Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se someta a información pública a solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. de Guntimil e Requias, no concello de Muíños. (Expediente IN407A 98/61-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas básicas que se reflicten a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: Concello de Muíños (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

1. L.M.T. aérea a 20 kV, de 228 m en conductor LA-56, derivada desde o último apoio de madeira

existente a substituír na L.M.T. a C.T. de Requias-Guntimil, con remate no C.T. aéreo proxectado de Guntimil, con 160 kVA e r/t 20.000/380-220 V; rede de baixa tensión (R.B.T.) con apoios H.V. e conductor R.Z.

2. L.M.T. aérea a 20 kV, de 438 m, en conductor LA-56, con orixe no apoio proxectado número 1 da L.M.T. aérea proxectada a C.T. aéreo de Guntimil e remate no C.T. aéreo proxectado de Requias, de 100 KVA e r/t 20.000/380-220 V; R.B.T. con apoios H.V. e conductor R.Z.

e) Orzamento: 19.693.982 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, os cales se describen na relación adxunta, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación fozosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia

de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das presoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez, 1-4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzcan.

Ourense, 1 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/61-3 A.T.Provincia: Ourense

L.M.T. a C.T. de RequiásTermo municipal: Muíños

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºSuperficie

(m)Lonxitude

(m)Superficie

(m)

2aPorta MaríaMonte baixoSantiago Fernández FernándezRequias, 32880 Muíños3294940

3aPorta MaríaMonte baixoManuel C. Álvarez VazRequias, 32880 Muíños12120

5aCodesalPradoDositeo Araújo FernándezRequias, 32880 Muíños32320

6aCodesalPradoDomingos Vaz ÁlvarezRonda S. Antonio de Llefiá, bloque 5, 64-1, Badalona550

7aCodesalLabradíoJosé Andrade LeónRequias, 32880 Muíños4238380

8aCodesalLabradíoJosé Fernández InconioRúa Orcellón, 9, 32004 Ourense30180

9Os CarrísLabradíoJosé Vázquez AraújoRúa Diagonal, 58-4º-3º, 08019 Barcelona33512

10Os CarrísLabradíoManuel Casimiro Álvarez VazRequias, 32880 Muíños15150

15aOs CarrísPradoMª José Fernández MartínezRúa Remedios, 62 5-A, Ourense2266

16aOs CarrísLabradíoRosa Salgado FernándezRequias, 32880 Muíños515

17aOs CarrísLabradíoRosa Rodríguez FernándezRequias, 32880 Muíños824

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºSuperficie

(m)Lonxitude

(m)Superficie

(m)

18Os CarrísLabradíoMaximina Salgado AraújoGuntimil, 32880 Muíños315

19Os CarrísMonte baixoDomingos Vázquez VázquezRequias, 32880 Muíños840

20Os CarrísLabradíoMª José Fernández MartínezRúa Remedios, 62 5- A Ourense515

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/61-3 A.T.Provincia: Ourense

L.M.T. a C.T. de GuntimilTermo municipal: Muíños

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºSuperficie

(m)Lonxitude

(m)Superficie

(m)

2FolónPradoRosa Vázquez BlancoGuntimil, 32880 Muíños990

3IchónPradoDominga Blanco AraújoLandaniste Boie, 122, 4041 Liexa (Bélxica)24240

5IchónPradoMaximina Salgado

Araújo

Guntimil, 32880 Muíños22540

6IchónPradoJosé González FernándezAvda. Carrilet (Hospitalet de Llobregat), 342-4º-6, 08924240

7IchónLabradíoPerfecto Prieto GonzálezGuntimil, 32880 Muíños972

8IchónPradoDomingos Prieto GonzálezGuntimil, 32880 Muíños1380

11RegueiroLabradíoMaximina Salgado

Araújo

Guntimil, 32880 Muíños20

12RegueiroPradoJosé Vaz PrietoGuntimil, 32880 Muíños432

14RegueiroPradoMaximina Salgado

Araújo

Guntimil, 32880 Muíños10100

15RegueiroPradoPerfecto Prieto GonzálezGuntimil, 32880 Muíños11110

16RegueiroPradoSantiago e Manuel

Álvarez Fernández

Rúa Enrique Segura Otaño, 4-8º A, 06004 Badaxoz22220

17RegueiroLabradíoMaximina Salgado

Araújo

Guntimil, 32880 Muíños3214140

4266