Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca concurso público, trámite de urxencia, para a contratación dunha asistencia técnica para a realización dunha aplicación informática de soporte previo ó desenvolvemento do modelo de sistema de información e xestión da consellería.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a realización dunha aplicación informática de soporte previo ó desenvolvemento do modelo de sistema de información e xestión da consellería.

b) Prazo de execución: dous (2) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: de urxencia.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vintecinco millóns de pesetas (25.000.000 de ptas.), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 500.000 pesetas.

Definitiva: 1.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina de información).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: (981) 54 44 00.

e) Telefax: (981) 54 54 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 3.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sito nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas no servicio obxecto do presente prego.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día contado desde o remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 10.30 h.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1998.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

3629