Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e forma adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, das obras de reparación e reposición de cubertas e adaptación de dúas unidades de preescolar, pintura e varios no C.P. San Paio de Abaixo-Reboreda. Redondela (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: Delegación Provincial de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reparación e reposición de cubertas e adaptación de dúas unidades de preescolar, pintura e varios no C.P. San Paio de Abaixo-Reboreda. Redondela.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento da obra: 22.894.079 ptas., IVE incluído.

d) Fianza definitiva: 915.763 ptas.

e) Clasificación esixida: grupo C, subgrupo 4, categoría D.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación xeral A, a establecida na cláusula 3.2.4.1 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica C, a establecida na cláusula 3.2.4.3 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas B, a establecida na cláusula 3.2.4.2 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono 80 59 06.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 25 de maio de 1998.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

Jose Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

5052