Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave N/AC/87.8.1 e N/PO/90.4.7.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra Padrón-A Vacariza.

Clave: N/AC/87.8.1.

Orzamento: vintecatro millóns novecentas dúas mil catrocentas dezaseis pesetas (24.902.416 ptas.).

Prazo de execución: 30 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante copias autenticadas das titulacións especificadas no prego de prescricións técnicas particulares para o delegado do consultor e para o persoal facultativo mínimo indicado nel.

Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo I, subgrupo 2, categoría A, a achega desta ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados anteriormente.

2. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra Sanxenxo-O Grove.

Clave: N/PO/90.4.7.

Orzamento: dezaoito millóns setecentas setenta e tres mil catrocentas corenta pesetas (18.773.440 ptas.).

Prazo de execución: 30 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante copias autenticadas das titulacións especificadas no prego de prescricións técnicas particulares para o delegado do consultor e para ó persoal facultativo mínimo indicado nel.

Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo I, subgrupo 2, categoría A, a achega dela ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados anteriormente.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

5051