Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Cointer, S.L.(Compañía de Coordinación de Comercio Internacional, S.L.), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 29-4-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, o 27-2-1998. De conformidade co disposto no artigo 4 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 4 de maio de 1998.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
Comisión para a discusión do convenio colectivo de traballo para a empresa Compañía
de Coordinación de Comercio Internacional, S.L.
e os seus empregados.
ACTA
Comisión.
-Pola empresa:
Ceferino Nogueira García.
-Polos traballadores:
Fco. Javier Rosales Fandiño.
En Marín, sendo as doce horas do día vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e oito, reúnense os arriba citados no domicilio social da empresa, co obxecto de chegar a un acordo sobre a revisión da táboa salarial do convenio colectivo asinado o pasado dez de agosto de mil novecentos noventa e sete.
Despois dun amplo cambio de impresións, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:
Un.-A táboa salarial para o exercicio de 1998 será a que se reflicte na folla anexa, resultante de aplicarlle á de 1997 un 2,8% de incremento.
Dous.-Modifica-lo artigo 23 do convenio colectivo indicado anteriormente, que queda redactado como segue:
Establécese un plus de transporte de carácter mensual por importe de 8.500 ptas., que ten para tódolos efectos natureza indemnizatoria non salarial. Para o persoal eventual establécese un plus de transporte de xornada de 320 pesetas, que ten así mesmo para tódolos efectos natureza indemnizatoria non salarial.
E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, asinando a presente acta, así como a táboa salarial anexa, os arriba mencionados.
Pola empresa:
Ceferino Nogueira García.
Polos traballadores:
Fco. Javier Rosales Fandiño.
ANEXO I
Grupos e categorías profesionais con táboa salarial.
Grupos e categorías mensual
Salario
I. Grupo profesional de titulados Titulado superior 174.714 Titulado medio grupo A 156.260 Titulado medio grupo B 145.718
II. Grupo profesional de administrativos Xefe de sección 174.714 Xefe de negociado 156.260 Oficial administrativo 137.943 Auxiliar administrativo 105.368
III. Grupo profesional de servicios operativos Capataz xeral 174.955 Capataz de operacións 151.681 Xefe de mantemento 145.718 Xefe de taller 129.401 Encargado xeral 118.680 Oficial de operacións 108.400
IV. Grupo profesional de servicios varios Almaceneiro 114.123 Controlador 114.123 Oficial de 1ª 114.123 Carretilleiro 108.400 Operador de guindastre 108.400 Conductor de camión 108.400 Oficial de 2ª 108.400 Peón 104.663 Persoal de limpeza 92.042
V. Grupo profesional de subalternos Conserxe 92.042 Cobrador 92.042 Ordenanza 92.042 Porteiro 92.042 Vixilante 92.042 Recepcionista 92.042
4383