Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle da parcela número 4 do campus universitario.

A Comisión de Goberno, en sesión do 30 de marzo de 1998, acordou aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle da parcela núm.4 do campus universitario en desenvolvemento do Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Actuación núm. 19 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra, coa finalidade de establece-lo sinalamento das aliñacións, as rasantes e a ordenación de volumes desa parcela, sendo formulado o estudio pola Universidade de Vigo, e redactado polo arquitecto José Ramón Rúa Rodríguez.

Durante o prazo dun mes contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente na Unidade Municipal de Fomento (Rúa Dona Tareixa), e formula-las alegacións que considere procedentes.

Pontevedra, 14 de abril de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

4183