Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998 pola que se publica a contratación da subministración de material eléctrico para a brigada municipal de iluminación, para a súa reposición en instalacións municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a subministración de material eléctrico para a brigada municipal de iluminación, para a súa reposición en instalacións muncipais.

b) Lugar de entrega: Casa do Concello.

c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-las entregas parciais dos materiais ofertados no prazo de tres días desde que se requira polos servicios técnicos municipais e nas cantidades máximas sinaladas na cláusula 2ª deste prego.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 16.380.921 ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías:

a) Provisional: 327.618 ptas.

b) Definitiva: 655.237 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, Pontevedra 36071. Teléfono: (986) 80 43 00. Fax: 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Aperturas das ofertas: pola mesa de contratación ás 10.15 horas do primeiro luns hábil seguinte o da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os de transporte e entrega da subministración.

e) Os de matriculación do vehículo.

Pontevedra, 22 de abril de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

4180