Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de talonarios de receitas oficiais para a prestación farmacéutica do Servicio Galego de Saúde (S-155/1998).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono (981) 54 57 65; fax 54 27 62, 15771 Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto da subministración:

Nos locais designados polas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse:

Subministración sucesiva de talonarios de receitas oficiais para a prestación farmacéutica do Servicio Galego de Saúde.

173.000 talonarios de receitas ordinarias modelo P.3.

365.000 talonarios de receitas ordinarias modelo P.3/1.

-Orzamento total:

Noventa e nove millóns cincocentas trinta mil pesetas (99.530.000 ptas.), IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas:

Pola totalidade.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto:

10 días naturales, contados desde a petición.

5. a) Nome e enderezo do servicio o que poden solicitarse os documentos pertinentes:

Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono (981) 54 57 65; fax (981) 54 27 62, 15771 Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 29 de xuño de 1998.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 6 de xullo de 1998.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. (División de Recursos Económicos do Sergas). Edificio administrativo San Caetano, Bloque 2, 2º piso, 15771 Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte, a partir das 9.30 horas do 17 de xullo de 1998.

8. Garantías esixidas: garantía provisional polo 2% do orzamento de licitación:

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan:

Pagamento fraccionado, en conta, contra presentación de factura pola cantidade subministrada en cada envío, logo de conformidade prestada polo servicio que promove a contratación.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver anexo IV o prego de cláusulas administrativas.

14. Admisión de variantes:

Non se admiten.

15. Información complementaria: no enderezo e servicio indicadas no punto 5.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 14 de maio de 1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

5001