Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 12/1998, polo procedemento aberto tramitado con carácter ordinario, para a contratación do mantemento integral de aparellos médicos, instalacións eléctricas de locais de práctica médica, autoclaves de esterilización e equipos de comunicacións deste complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no

artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia de 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público 12/1998.

1. Entidade adxudicadora: Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52, 32005 Ourense.

a) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Xestión.- Unidade de Contratación (edificio administrativo, planta baixa), teléfono (988) 38 56 91, fax (988) 38 55 50.

2. Obxecto do contrato:

a) Categoría do servicio: 1.

b) Descrición: contratación do mantemento integral de aparellos médicos, instalacións eléctricas de locais de práctica médica, autoclaves de esterilización e equipos de comunicacións.

3. Lugar de execución: Complexo Hospitalario Cristal-Piñor.

4. Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

5. Orzamento máximo de licitación autorizado: 109.000.000 de pesetas (IVE incluído), en cómputo anual.

6. Variantes: admítense, sempre que se cumpra o establecido no prego de prescricións técnicas.

7. Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1998.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase o punto 1.

b) Días e horario: laborables, agás sábados, de 9 a 13.

c) Data límite para obtención de documentos: 29 de xuño de 1998.

9. a) Data límite de recepción de ofertas: 13 horas do día 6 de xullo de 1998.

b) Enderezo á que se enviarán as ofertas: Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, Rexistro Xeral (edificio administrativo, planta baixa), rúa Ramón Puga, 52, 32005 Ourense.

c) Idiomas nos que se redactarán as ofertas: galego ou castelán.

10. a) Persoas admitidas a asistir á apertura de ofertas: acto público.

b) Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da Dirección de Xestión do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52, Ourense, ás 9 horas do día 17 de xullo de 1998.

11. Garantías esixidas: fianza provisional: 2% do orzamento máximo de licitación autorizado; fianza definitiva: 4% do importe de licitación.

12. Forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: UTE.

13. Clasificación: grupo III, subgrupo 7, categoría D.

14. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.

15. Criterios de adxudicación: prezo: 30 puntos; medios persoais, cadros técnicos e material de empresa, así como os asignados ó hospital: 25 puntos; mellora ó prego: 20 puntos; cualificación profesional no mantemento de equipos electromédicos: 15 puntos; informatización técnica: 10 puntos.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: non se publicou.

17. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 14 de maio de 1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a OPOCE).

19. Anuncios: o pagamento será por conta do adxudicatario.

Ourense, 8 de maio de 1998.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense

4704