Vista a proposta formulada pola mesa de contratación, na súa reunión do 20 de abril de 1998, e tendo en conta o incumprimento por parte do único licitador presentado da previsión contida na cláusula XII.1b) do prego de cláusulas administrativas particulares, ó abeiro do disposto no artigo 89.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e en uso das facultades concedidas polo artigo 11 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia, resolvo declarar deserto o concurso aberto, con tramitación de urxencia, para a adxudicación do contrato de aluguer dun local destinado ó establecemento dos servicios centrais do organismo autónomo Augas de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 1998.
Emilio García Gallego
Presidente do organismo autónomo Augas
de Galicia
4998