Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto do plan de restauración do espacio natural afectado pola explotación de arxila a ceo aberto na concesión de explotación Barreiros, nº 6273, no concello de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude:

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de plan de restauración do espacio natural afectado pola explotación de arxila a ceo aberto na concesión de explotación Barreiros nº 6273, situada no concello de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña.

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

* Concello de Malpica de Bergantiños.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do seguinte día ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

4532