Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 24 de abril de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se lles notifica ás persoas que se citan que deberán achega-la documentación requirida polo Servicio de Xestión Tributaria para ultima-la tramitación dos expedientes de referencia (Apartuno, S.A. e catorce máis).

Pola presente cédula notifícase, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, relación das persoas cos datos e último enderezo coñecido o que se sinala, para que procedan a achega-los documentos requiridos polo Servicio de Xestión Tributaria, e así poder ultima-los expedientes que se citan, referidos ós impostos de: transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (TPAXD), sucesións e doazóns (S e D).

De acordo co artigo 35 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria (BOE do 31 de decembro), deberá no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula no DOG, achega-la documentación solicitada polo Servicio de Xestión Tributaria desta Delegación Territorial de Economía e Facenda, con enderezo na Praza de América, bloque 1, portal oficinas 2ª planta, Vigo e que figuran no anexo adxunto.

Transcorrido o prazo sen que se cumpra co trámite, poderán ser sancionados por infracción tributaria simple, con multa de 1.000 a 200.000 pesetas, segundo dispoñen os artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria, na súa nova redacción dada na Lei 25/1995, do 20 de xullo (BOE do 22 de xullo).

Vigo, 24 de abril de 1998.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegación territorial de Vigo (Pontevedra)

ContribuínteEnderezoDocumentación expediente

Apartuno, S.A.Velázquez Moreno, 38, VigoFotocopia da escritura de constitución da hipoteca co nº de protocolo 505 de data 27 de febreiro de 1986 outorgada perante o notario José María Rueda Pérez.

Imposto TPAXD-Expte. 15278/94.

Araújo Pérez, José AntonioMarqués de Valterra, 12-6º A, VigoXustifica-la venda do vehículo ME-K277, presentado exento acolléndose ó previsto no artigo 17 do R.D. 828/1995, do 29 de maio.

Imposto TPAXD-Vehículos. Expte. 2619/95.

Araújo Pérez, José AntonioMarqués de Valterra, 12-6º A, VigoXustifica-la venda do vehículo GM-HX216, presentado exento acolléndose ó previsto no artigo 17 do R.D. 828/1995, do 29 de maio.

Imposto TPAXD-Vehículos. Expte. 2886/95.

ContribuínteEnderezoDocumentación expediente

Cabaco Mariño, José CarlosRuiseñor, 8-3º, VigoExpedido polo concello:

-Plano de situación e condicións de edificabilidade (Terreo Ameixeiras, en Gondomar).

Imposto TPAXD-Expte. 24356/94.

Carnero González, RamónCangas, 5-10º A, VigoCertificado da xerencia do Catastro (Delegación de Facenda da r/ Lalín-Vigo), no que se faga constar:

-Data de construcción, superficie por plantas e usos e superficie da parcela. (Casa en 1ª Travesía da Salgueira, 43-Vigo).

Imposto TPAXD-Expte. 18728/95.

Fernández de-Prado, AlfonsoProgreso, 111-7º, OurenseFotocopia visada polo Colexio Oficial de Arquitectos da memoria de proxecto onde se constate a norma urbanística aplicada así como superficies construídas por plantas e usos. (Parcela nº 40 P.E.R.I. A Florida B-Vigo).

Imposto TPAXD-Expte. 18640/95.

Fortes Rodríguez, Mª AsunciónRomil, 92-8º A, VigoCertificado do Centro Catastral (Delegación de Facenda da r/ Lalín-Vigo), no que se faga constar:

-Data de construcción.

-Superficie construída.

(Vivenda en Camelias, 20 entre Romil, D. Quijote e praciña).

Imposto TPAXD-Expte. 12078/95.

García Rodríguez, M. ÁngelesPenís de Abaixo, 14, VigoDo testamento outorgado por Obdulia Iglesias Fernández, e do documento de protocolización dos bens deixados por ela no seu falecemento, despréndese a existencia dun legado de usufructo a favor de Mª Electra Rodríguez Pérez, nora da citada causante. Para a comprobación das liquidacións a que dá lugar a citada herdanza, deben achegar fotocopia do DNI, por ámbalas caras, da donataria, Mª Electra.

Imposto S e D-Expte. 811/95.

González Manso, MaríaSan Xoán do Monte, Dehesa, 10,

Vigo

Relación de bens cedidos por María Aurora González Manso na herdanza do seu pai David González da Costa.

Imposto TPAXD-Expte. 8752/95.

Import Gran Vía, S.L.Gran Vía, 174, VigoXustifica-la venda do vehículo OHZZS66, presentado exento acolléndose ó previsto no artigo 17 do R.D. 828/1995, do 29 de maio.

Imposto TPAXD-Vehículos. Expte. 2577/95.

Lagomovil, S.L.Lg. Regengo-Petelos, 195-Bj., MosXustifica-la venda do vehículo D-PR139, presentado exento acolléndose ó previsto no artigo 17 do R.D. 828/1995, do 29 de maio.

Imposto TPAXD-Vehículos. Expte. 2514/95.

Martínez Brion, José IsolinoZaragoza, 11-4º G, VigoCualificación definitiva como vivenda de protección oficial do piso ó que se refire a escritura nº 573 de constitución do préstamo hipotecario.

Imposto TPAXD-Expte. 6461/95.

Sánchez Lavandeira, LuisLg. Areas, 30, PonteareasFotocopia visada polo Colexio Oficial de Arquitectos da memoria do proxecto onde se constate a norma urbanística aplicada así como superficies construídas por plantas e usos (O.N. e D.H. na praia de Patos).

Imposto TPAXD-Expte. 21771/95.

Taboada Fernández, JoséLg. Casal de Arriba, 27, VigoExpedido polo concello:

-Plano de situación con cualificación Urbanística (Terreo Figueiro ou Serra da Chan en Sampaio).

Imposto TPAXD-Expte. 21886/95.

Vázquez Misser, JesúsVía Norte, 9-6º E, VigoCertificado da Xerencia do Catastro (Delegación de Facenda da r/ Lalín-Vigo) no que se faga constar:

-Data de construcción e superficie construída por plantas e usos das casas sitas en r/ Silvana, 19 e Luciano Conde, 32 de Vigo.

Imposto TPAXD-Expte. 21945/95.

4240