Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da subministración de baterías con destino ó sistema de alimentación ininterrompida no Centro de Proceso de Datos.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público polo procedemento aberto para a contratación da subministración de baterías con destino ó sistema de alimentación ininterrompida no Centro de Proceso de Datos. As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda. Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano s/n; 15704 Santiago de Compostela. Teléfono:(981) 54 41 47. Expediente 15/1998.

2. Obxecto do contrato: subministración de baterías con destino ó sistema de alimentación ininterrompida no Centro de Proceso de Datos.

3. Prazo de execución: a entrega realizarase dentro do prazo de 15 días a partir do outorgamento do contrato.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

5. Orzamento base de licitación: dous millóns catrocentas mil ptas.(2.400.000) IVE incluído.

6. Garantía provisional: 48.000 ptas.

7. Obtención de documentación: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio (Habilitación de Pagamentos) da Consellería de Economía e Facenda.

8. Obtención de información: Nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo de San Caetano s/n; C.P. 15704 Santiago de Compostela. Teléfono:(981) 54 41 47; Fax: (981) 54 41 25.

A data límite para a obtención da documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

9. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar só no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, s/n. C.P. 15704 Santiago de Compostela.

10. Apertura das ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 11 horas do quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1998.

P.D.( Orde 13-12-1993).

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

4239