Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal do Concello de Valdoviño, en sesión extraordinaria celebrada o día 28 de abril do ano que corre, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 3 das normas subsidiarias do planeamento relativa á modificación do trazado do cruzamento da rúa Campeiras coa estrada de Atios (Valdoviño), o que -en cumprimento do artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo

de Galicia- se somete a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio, para que os interesados poidan presenta-las alegacións que teñan por conveniente.

Valdoviño, 29 de abril de 1998.

Elisa Garrido Cantarero.

Alcaldesa

4053