Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro do 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Hijos de Rivera, S.A., no concello da Coruña, e se inclúe no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994. (Expediente 97/297).

Visto o escrito e a documentación presentados pola empresa Hijos de Rivera, S.A., con domicilio a efectos de notificación na r/ Gambrinus, 2, A Coruña, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 5 de maio de 1997 a citada empresa, titular dunha planta de producción de cervexa, solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxías renovables, para a planta de coxeración que ten previsto instalar na súa planta do municipio da Coruña. Xúntase á dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións, o estudio dos rendementos enerxéticos alcanzables e de aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas, e o resto da documentación a que fai referencia o artigo 5.4º do citado R.D. 2366/1994.

As características técnicas básicas da planta de coxeración son as seguintes:

-Dous motores de combustión interna de 2.230 kW, utilizando como combustible gas natural.

-Dous xeradores síncronos trifásicos de 2.800 kVA, tensión de xeración 0,69 kV, 50 Hz, factor de potencia 0,8.

-Dous alternadores síncronos cunha potencia nominal de 1.500 kVA c/u, rdt 15/0,69, tipo interior.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calor, de baixa tensión, regulación, control e interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora.

Segundo.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións elétricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 20 de xuño do 1997 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 28-7-1997 e no BOP da Coruña do 10-7-1997, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1944, do 9 de decembro.

Segundo.-A planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado R.D. 2366/1994.

Terceiro.-No expediente instruído para efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas.

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizarlle a instalación dunha planta de coxeración á empresa Hijos de Rivera, S.A., que se situará nas instalacións da factoría que a dita empresa ten na Coruña.

Segundo.-Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994, e incluíla no grupo d) do Art. 2 do dito real decreto.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á dita instalación, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica no Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo do 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acredita o cumprimento das condicións previstas no Art. 11 do R.D. 2366/1994, e presenta-la documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no plazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa a enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3987