Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.891

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (192/1997).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 192/1997, se segue xuízo de faltas sobre furto no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e resolución:

Sentencia. En Santiago de Compostela o 28 de abril de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 192/1997, seguidos por furto, sendo parte denunciante Francisco Marco Bach, maior de idade; aparecendo como parte denunciada Juan Carlos Bel Muñiz, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que debo absolver e absolvo a Juan Carlos Bel Muñiz, da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación a interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma ó denunciado Juan Carlos Bel Muñiz en ignorado paradoiro expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela, a catro de maio de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

4427