Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.891

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (26/1996).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico:

Que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 26/1996 se segue xuízo de faltas sobre agresión no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

Sentencia. En Santiago de Compostela o 18 de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 26/1996, seguidos por lesións, sendo parte denunciante Jesús Ángel Valencia García, maior de idade; aparecendo como parte denunciada José Manuel Mato González, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que debo absolver e absolvo a José Manuel Mato González, da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación a interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito o que me remito, e para que conste, para os efectos que proceda e para que sirva de notificación en forma ó denunciado José Manuel Mato González en ignorado paradoiro expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o catro de maio de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

4234