Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 8 de abril de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle para definición de aliñacións en Souto Sanín.
2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante anuncios no DOG, e nun dos diarios de maior circulación da provincia, con citación persoal dos donos afectados.
De conformidade co disposto na artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo de 1997, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG para que tódalas persoas interesadas
poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.
Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 17 de abril de 1998.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde-presidente
4015