Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (120/1997).

O Concello Pleno, se sesións ordinaria e extraordinaria dos días 12 de decembro de 1997, e 27 de xaneiro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente os estatutos e bases de compensación da zona 4 do SU-17, por instancia de Ricardo Carreiro Ameijeiras.

Nomear como representante do concello na xunta de compensación da zona 4 do SU-17 o concelleiro de urbanismo Julio Díaz Salcedo.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderanse utilizar outros que así cresen convenientes.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 4 de febreiro de 1998.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde en funcións

4014