Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 27 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación das propostas de resolución dos expedientes sancionadores de sanidade alimentaria 87/1997 e 1/1998.

En aplicación do Art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que se identifican cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación das propostas de resolución dos expedientes sancionadores 87/1997 e 1/1998, incoados por infracción ó Decreto 239/1986, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos da Xunta de Galicia. As expedientadas dispoñen dun prazo de quince días para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13), co fin de poderen presenta-las alegacións que consideren oportunas, segundo preceptúa o artigo 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento xeral de sancións.

1. Expediente sancionador 87/1997.

Denunciada: María Teresa Castelao López.

DNI: 10.059.378-Y.

Último enderezo coñecido: rúa Panamá, nº 5, Ponferrada- León.

2. Expediente sancionador 1/1998.

Denunciada: Elena Padrón Vázquez.

DNI: 34.904.414-M.

Último enderezo coñecido: rúa Ecuador, nº 62-2º, Vigo-Pontevedra.

Ourense, 27 de abril de 1998.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense

4059