Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso por procedemento aberto, con trámite de urxencia, para a contratación da obra de reparación do muro de peche e soto ascensores na residencia asistida da terceira idade de Vigo.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente:

Dirección Xeral de Servicios Sociais, Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: reparación do muro de peche e soto ascensores na residencia asistida da terceira idade.

b) Lugar de execución: r/ Arieiro, s/n Meixoeiro-Vigo.

c) Prazo de execución: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación: sete millóns vintecatro mil catrocentas setenta e dúas pesetas (7.024.472 ptas.).

5. Garantías:

Provisional: ver cláusula 8.3.6 do prego de cláusulas. Se non se acredita a clasificación, será o 2% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

6.1. Información:

a) Entidade: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n - edificio Pirámide.

c) Localidade: 15771 - Santiago de Compostela; Tel.: (981) 54 56 77.

6.2. Documentación:

a) Teléfono: (981) 59 03 02.

b) Domicilio: r/ Rosalía de Castro, 58 - Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: as 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

2º Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n - 2ª planta.

3º Localidade: Santiago de Compostela (15771).

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais (sala de xuntas).

b) Domicilio: ver punto 6.1.b,

c) Localidade: ver punto 6.1.c.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1998.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

4322