Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se publica a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico denominado Sotavento Galicia. (Expediente IN 661 A DXI- 2/98).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, procédese á publicación da solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico experimental denominado Sotavento Galicia coas seguintes características:

Peticionario: Sotavento Galicia, S.A.

Enderezo: r/Hórreo, 94 - Entreplanta. 15702 Santiago de Compostela.

Localización:(Coordenadas poligonais UTM).

Nome: Parque eólico experimental Sotavento Galicia.

Municipios: Monfero (A Coruña). Xermade (Lugo).

Vértices: X (Lonx.W): 0.590.000, 0.591.000, 0.591.000, 590.000; Y (Lat.N): 4.803.000, 4.803.000,4.799.000, 4.799.000.

Características técnicas básicas:

Potencia total que se vai instalar: 20 MW

Investimento previsto: 3.600.000.000 de ptas.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante un prazo máximo de 20 días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do dito Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

4880