Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, dunha planta de coxeración que se cita. (Expediente 97/769).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese á información pública a solicitude da empresa Queixería San Miguel, S.L., con enderezo social en Brea, San Miguel de Cerceda, O Pino, A Coruña, para autorización administrativa das instalacións que seguen:

Una planta de coxeración grupo d composta basicamente polos seguintes elementos:

-Un grupo motor-alternador de 850 kVA alimentado con gasóleo.

-Un centro de transformación de 1.200 kVA e relación de transformación 400/20.000 V.

-Instalacións de baixa tensión, de regulación e control de todo o sistema e de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora.

A planta de coxeración vai instalarse no interior da fábrica de conservas citada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentalas súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta

delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4576