Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.839

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de abril de 1998 pola que se aproban determinados proxectos editoriais para o bacharelato e se autoriza o uso de libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares en centros docentes públicos e privados da Comunidade Autónoma.

O Decreto 89/1993, do 19 de abril, regula a autorización de libros de texto e doutros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral, así como o seu uso nos centros docentes.

O devandito decreto establece como elemento fundamental do proceso de autorización a presentación do proxecto editorial e define as condicións que este ten de reunir para a súa aprobación.

A Orde do 15 de novembro de 1994 desenvolve o devandito decreto, concretando a documentación que debe acompaña-la solicitude de autorización e precisando os termos nos que os libros de texto e os materiais curriculares, sempre que se axusten ó proxecto editorial aprobado, farán consta-la autorización.

En virtude das mencionadas normas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan autorizados os proxectos editoriais supervisados que se mencionan no anexo da presente orde, así como o uso nos centros docentes públicos e pri

vados da Comunidade Autónoma dos libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares nos que se concretan os devanditos proxectos.

Artigo 2º

Os libros de texto e materiais curriculares resultantes do proxecto editorial mencionado farán consta-la autorización nos termos establecidos na citada Orde do 15 de novembro de 1994.

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Director Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional

ANEXO

Relación dos proxectos editoriais supervisados

EditorialProxecto

Alhambra Longman-Proxecto editorial «Reach for Bachillerato» da materia de lingua estranxeira: inglés para o 1º e 2º cursos de bacharelato.
-Proxecto editorial «Longman» da materia de lingua estranxeira: inglés para o 1º e 2º cursos de bacharelato.

Burlington Books

España, S.L.

-Proxecto editorial «Navigator 1º y 2º Bachillerato» da materia de lingua estranxeira: inglés para o 1º e 2º cursos de bacharelato.

Cambridge University Press, S.A.-Proxecto editorial «Language in Use Intermediate & Upper-Intermediate» da materia de lingua estranxeira: inglés para o 1º e 2º cursos de bacharelato.

Editex, S.A.-Proxecto editorial «Física y Química» da materia de física e química para o 1º curso de bacharelato, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e tecnoloxía.
-Proxecto editorial «Matemáticas Aplicadas a las Ciencias Sociales I» da materia de matemáticas aplicadas ás ciencias sociais para o 1º curso de bacharelato, modalidade de humanidades e ciencias sociais.
-Proxecto editorial «Matemáticas Aplicadas a las Ciencias Sociales II» da materia de matemáticas aplicadas ás ciencias sociais para o 2º curso de bacharelato, modalidade de humanidades e ciencias sociais.
-Proxecto editorial «Matemáticas I» da materia de matemáticas para o 1º curso de bacharelato, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e tecnoloxía.
-Proxecto editorial «Matemáticas II» da materia de matemáticas para o 2º curso de bacharelato, modalidades de ciencias da natureza e da saúde e tecnoloxía.
-Proxecto editorial «Lengua Castellana y Literatura» da materia de lingua castelá e literatura para o 2º curso de bacharelato.
-Proxecto editorial «Química» da materia de Química para o 2º curso de bacharelato.

McGraw-Hill/Interamericana de España-Proxecto editorial «Latín 2» da materia de latín para o 2º curso de bacharelato, modalidade de humanidades e ciencias sociais.
-Proxecto editorial «Matemáticas Aplicadas a las Ciencias Sociales I y II» da materia de matemáticas aplicadas ás ciencias sociais para o 1º e 2º cursos de bacharelato, modalidade de humanidades e ciencias sociais.

Octaedro-Proxecto editorial «Paulatim I» da materia de latin para o 1º curso de bacharelato, modalidade de humanidades e ciencias sociais.

Oxford University Press-Proxecto editorial «Streetwise» da materia de lingua estranxeira: inglés para o 2º curso de bacharelato.
-Proxecto editorial «Milestones» da materia de lingua estranxeira: inglés para o 1º e 2º cursos de bacharelato.
-Proxecto editorial «Select» da materia de lingua estranxeira: inglés para o 2º curso de bacharelato.

3856