Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/357-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: instalación L.M.T., C.T. e R.B.T. Ponte María Diz.

Situación: Rianxo.

Descricións técnicas: liña L.M.T. aérea a 20 kV de 0,02 km con orixe no apoio, s/n da L.M.T. o C.T. de Buia (expediente 29152) e remata no C.T. proxectado da Ponte María Diz, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V en Ponte María Diz. Liña R.B.T. de 1,195 km con orixe no C.T. Bures en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña R.B.T. aérea de 0,72 km con orixe no C.T. Bures en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 22 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4291