Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/347-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Arribas-Ponte-Queimadoiros .

Situación: Ribeira.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,054 km con orixe no apoio s/n da L.M.T. Xaras-Artes Bretal (expediente 6042) e final no C.T. proxectado Muíños, en conductor LA-56/54,6 mm, sobre apoios H.V.H. L.M.T. aérea a 15/20 kV con orixe en apoio que se vai instalar na L.M.T. Sirves-Oleiros (expediente 6042 e final no C.T. proxectado Queimadoiros, en conductor LA-56/54,6 mm, sobre apoios H.V. e H.V.H. C.T. de 50 kVA 20.000/380-220 V en Muíños. C.T. de 50 kVA 20.000/380-220 V en Queimadoiros. L.B.T. aérea de 0,83 km con orixe en C.T. Muíños en conductor R.Z. e apoios H.V. L.B.T. aérea de 0,53 km con orixe en C.T. Queimadoiros en conductor R.Z. e apoios H.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 22 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4290