Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.775

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da industria do metal sen convenio propio.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector da industria do metal sen convenio propio, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-4-1998, subscrito en representación da parte económica polas seguintes asociacións empresariais da provinca de Pontevedra: Asociación Provincial de Industriales Metalúrgicos (Asime), Asociación Autónoma de Talleres de Reparación de Vehiculos Automóviles (Atra), Asociación Autónoma de Empresarios de Intalaciones y Reparaciones Eléctricas(Instalectra), Asociación Autónoma de Empresarios Instaladores de Fontanería, Saneamiento, Gases Licuados del Petróleo, Calefacción en General, Aire Comprimido y Afines(Foncalor), e Federación de Empresarios de la Comarca de Arousa (Aceme-Feca), e, da parte social, as centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 15-4-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995 do 24 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real

decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 21 de abril de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para a industria do metal sen convenio propio, da provincia de Pontevedra para 1998-1999.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as condicións mínimas a que se terán que axusta-las relacións laborais e económicas que se rexen pola normativa contida no vixente Estatuto dos traballadores, as súas disposición de desenvolvemento e o propio convenio colectivo ata o momento vixente.

Afecta ó persoal que actualmente preste servicios nas referidas empresas, así como a aquel que ingrese no futuro, tanto nas empresas xa establecidas como nas que no futuro se puidesen establecer na provincia de Pontevedra.

Artigo 2º.-Vixencia. Denuncia.

O presente convenio colectivo terá unha vixencia de dous anos entrando en vigor a partir do 1 de xaneiro do 1998 e finalizando o 31 de decembro do 1999.

Quedará automaticamente denunciado con tres meses de antelación ó seu vencemento, prorrogándose o actual convenio ata a entrada en vigor do seguinte.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible, e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

Durante a vixencia deste convenio, a xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo, equivalentes a: 1.792 horas efectivas en cómputo anual como máximo para 1998. 1788 horas efectivas en cómputo anual para 1999.

Durante a vixencia deste convenio consideraranse os días 24 e 31 de decembro non laborables, compensados polo exceso de días do cómputo da xornada.

Durante a vixencia do convenio, os días que excedan da xornada anual, as empresas deberán acorda-lo seu desfrute nas datas que pacten cos representantes dos traballadores.

O réxime de xornada máxima anual que aquí se establece para a vixencia deste convenio tomarase como referente mínimo para efectos do establecemento da xornada máxima anual na negociación do próximo convenio.

A xornada de traballo comezará á hora establecida no cadro horario aprobado pola empresa e os representantes legais dos traballadores.

O traballador deberá estar en disposición de inicia-la súa actividade no posto de traballo, coa súa correspondente indumentaria, ó toque de bucina ou outro sistema establecido.

A dita xornada laboral será computada en consideración á iniciación do labor no posto de traballo e remate deste, e non polo concepto de entrada e saída na factoría.

A fixación do horario de traballo será facultade da dirección da empresa, que razoará o seu establecemento co comité de empresa, delegados de persoal ou cos traballadores. Ha prevalece-lo criterio que supoña unha reducción de custos, un aumento de vendas ou que favoreza as necesidades estacionais da producción.

As empresas afectadas por este convenio distribuirán preferentemente a súa xornada laboral do luns ó venres, agás aquelas que tivesen establecida a xornada continuada do luns ó sábado.

Artigo 5º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais ininterrompidos e gozaranse entre o 15 de xuño e o 15 de setembro. Non obstante, se por causas conxunturais ou outras circunstancias a empresa se vise obrigada a paraliza-la súa producción, ben por avarías, ben por falla de subministración de materias primas, orixinado isto por forza maior, a empresa poderá determina-la data do período de vacacións, logo de acordo previo cos representantes legais dos traballadores.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa, con dous meses de antelación ó comezo destas, para o coñecemento dos traballadores.

O aboamento destas realizarase ó seu inicio.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade laboral transitoria ou baixa por accidente terá dereito a gozar delas ou da parte pendente, sempre que cause alta antes do remate do ano natural.

O empresario poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade productiva estacional da empresa, logo de consulta previa cos representantes legais dos traballadores.

Artigo 6ª.-Festivos.

Para 1998 e 1999 establécense como máximo os días festivos que con carácater estatal e local fixa o calendario publicado no BOE, no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Rexerá todo momento o disposto pola autoridade laboral.

Artigo 7º.-Seguridade e hixiene no traballo. Saúde laboral.

A Comisión Sectorial Interprofesional de Riscos Laborais con carácter paritaria estará integrada polos

representantes elixidos polas asociacións empresariais participantes neste convenio e polos sindicatos, en número de 12 membros, 6 pola parte empresarial e 6 polos sindicatos. A dita comisión terá entre outras funcións: primeiro, promover entre os empresarios e traballadores do sector do metal comprendido neste convenio unha adecuada formación e información en temas de prevención de riscos no traballo e concretamente darlles a coñecer ás empresas e traballadores o funcionamento dos comités de seguridade e saúde e dos delegados de prevención. Segundo, coñece-los estudios realizados no sector polo Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene, mutuas de accidentes e as propias empresas con respecto a traballos tóxicos, penosos e perigosos, accidentes e enfermidades máis comúns do sector. Terceiro, propoñer e preve-las medidas técnicas.

Para a designación dos servicios de prevención, delegados de prevención e comités de seguridade e saúde, rexerá o disposto na Lei 31/1995, do 8 de novembro.

As empresas obríganse ó cumprimento inescusable das normas de seguridade e hixiene no traballo en materia de aseos, vestiarios, dotacións sanitarias, duchas, etc..., de conformidade coa Lei de prevención de riscos laborais.

No demais rexerá o establecido na citada lei e o seu desenvolvemento.

Artigo 8ª.-Recoñecemento médico.

Tódalas empresas vinculadas a este convenio colectivo estarán obrigadas a solicitar do Gabinete Técnico Provincial, do Servicio Social e Seguridade no Traballo de Rande, ou outro centro asistencial similar, un recoñecemento anual, como mínimo para todo o persoal. Os traballadores que desexen trasladarse ás dependencias dos centros asistenciais deberán comunicalo á empresa. O tempo empregado no recoñecemento será aboado pola empresa, a cal facilitará os medios de transporte para este desprazamento.

Artigo 9º.-Validación da aprendizaxe.

Os anos traballados como aprendiz nunha empresa serán computables para efectos de duración da aprendizaxe noutra da mesma especialidade, logo da certificación do aproveitamento, que expedirá a empresa anterior, ou certificación de capacitación por un centro de formación profesional.

Artigo 10º.-Licencias.

O traballador, logo do aviso e xustificación previos, terá dereito a permisos con dereito a remuneración durante o tempo e os supostos seguintes:

a) Dezaseis días naturais en caso de matrimonio do traballador ou traballadora.

b) Tres días laborables no caso de nacemento dun fillo.

c) Quince días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe e fillos.

c1) Cinco días naturais no suposto de falecemento dos pais.

d) Tres días naturais no suposto de falecemento de irmáns, netos, avós, pais políticos, fillos políticos e irmáns políticos.

e) Dous días naturais no suposto de doenza grave de cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos e pais políticos, circunstancias que se xustificarán fidedignamente.

f) Un día natural no suposto de traslado de domicilio.

g) O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando coincidindo o horario de consulta co de traballo prescriba a dita consulta o facultativo de medicina xeral, debéndolle presenta-lo traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de 22 horas ó ano.

h) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, rexerá o que esta dispoña canto á duración da ausencia e a súa compensación económica.

j) Un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns.

k) Un día natural no caso de falecemento de tíos no grao de consanguinidade co traballador.

No suposto c), se o traballador precisara desprazarse a unha distancia superior a 150 quilómetros, concederáselle un día natural máis.

Nos supostos d) e e), se o traballador necesitase facer un desprazamento fóra de Galicia, concederánselle dous días naturais máis.

No caso de necesidade, logo do aviso e xustificación previos, as empresas deberán conceder un permiso sen retribuír ata un período de dez días naturais por razón de desprazamento en caso de doenza grave de parentes de segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Todo o anteriormente exposto neste artigo será de aplicación para as parellas de feito fidedignamente acreditadas e inscritas no rexistro público correspondente.

Artigo 11º.-Roupa de traballo.

Tódalas empresas dotarán o seu persoal das pezas de roupa de traballo axeitadas.

O persoal obreiro percibirá dúas fundas cada ano e, se for necesario, logo de xustificación previa, proporcionaráselle unha terceira. As dúas fundas mínimas entregaranse dunha soa vez, dentro dos dous primeiros meses de cada ano natural.

En relación co calzado, o empresario dotará o traballador dun par de botas de seguridade, como mínimo, que o protexan dos riscos que a súa actividade pode ocasionar e sempre que esta requira tal calzado de protección.

O persoal administrativo e técnico que así o solicite percibirá cada ano unha bata que o protexa do desgaste da súa propia roupa. Exercido este dereito polo empregado, a dita peza será de uso obrigado durante a xornada laboral. En caso de ter que realizar un labor nos talleres, o empregado será provisto de roupa adecuada (funda, botas de seguridade, casco, etc...) que o protexa dos riscos inherentes a eses lugares de fabricación.

Proverase de roupa e calzado impermeable o persoal que teña que realizar labores continuos á intemperie en réxime de choivas frecuentes, así como tamén os que tiveran que actuar en lugares notablemente encharcados ou lamacentos. En contactos con ácidos dotarase o traballador da roupa axeitada.

Ós porteiros, vixilantes, gardas, conserxes e chóferes, proporcionaráselles cada ano uniforme, calzado e pezas de abrigo e impermeables.

Ó traballador que realice o seu labor con lentes graduados, o empresario terá que proporcionarlle uns, sempre que por razón do traballo que realice sufriran deterioración.

Se o traballador necesitase cristais correctores, proporcionaránselle lentes protectores coa adecuada graduación óptica ou outros que poidan ser superpostos ós graduados do propio interesado.

Cando a índole nociva da actividade dos traballadores así o requira, cumpriranse estrictamente as esixencias da ordenanza laboral de seguridade e hixiene (artigo 141 a 151).

Artigo 12º.-Capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo, doenza profesional ou común de longa duración, con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocuparen os postos máis aptos conforme as súas condicións que existan na empresa, sempre que teñan aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Artigo 13º.-Pagamento de nóminas.

O pagamento de nóminas farase de xeito mensual. Non obstante, o persoal poderá solicitar coa debida antelación anticipos a conta dos seus haberes producidos.

En canto á forma de pagamento, rexerá o disposto no Estatuto dos traballadores.

Para todo o persoal, tanto de taller como de oficina, considéranse as mensualidades de 30 días.

Artigo 14º.-Organización do traballo.

Os salarios fixados neste convenio corresponden a un rendemento no traballo de 60 puntos Bedaux e/ou o seu equivalente nos restantes sistemas de remuneración e incentivos que puidesen implantarse nas empresas. Naqueles casos en que non se adoptasen sistemas de remuneración con incentivos, entenderase como rendemento normal para efectos de remuneración do traballador ou a dun operario de capacidade normal.

Artigo 15º.-Plus de traballos especiais.

Os postos de traballo que impliquen penosidade, toxicidade ou perigosidade dan dereito á correspondente bonificación. A determinación ou cualificación do traballo como penoso, tóxico ou perigoso farase por acordo entre o empresario e a representación legal dos traballadore. No caso de desacordo, decidirá a autoridade laboral.

A dita bonificación establécese así:

-Cando se produce un só suposto: 58 ptas/hora.

-Se se producisen dous ou máis supostos: 89 ptas/hora.

Ó persoal que con anterioridade viñese percibindo cantidades superiores ás aquí pactadas por estes mesmos conceptos, seranlle respectadas.

Artigo 15º bis.-Plus por traballos nocturnos.

Considerarase traballo nocturno o comprendido entre as 22 horas e as 6 horas da mañá.

Tódolos traballadores que teñan dereito a percibi-lo suplemento de nocturnidade percibirán unha notificación do 25% sobre o seu salario base. Estes suplementos serán independentes das bonificacións que en concepto de horas extras e traballos excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos lles correspondan.

Artigo 16º.-Plus de xefe de equipo.

É xefe de equipo o traballador procedente da categoría de profesionais ou de oficio que, efectuando traballo manual, asume o control de traballo dun grupo de oficiais, especialistas, etc, en número non inferior a tres nin superior a oito.

O xefe de equipo non poderá ter baixo as súas ordes persoal de superior categoría cá súa. Cando o xefe de equipo desempeñe as súas funcións durante un período dun ano consecutivo ou de tres anos en períodos alternos, se logo cesa na súa función, manteráselle a súa retribución especificada ata que, polo seu ascenso a superior categoría, quede aquela superada.

O 20% figurará como concepto en nómina como plus de xefe de equipo.

O plus que percibirá o xefe de equipo consistirá nun 20% sobre o salario base da súa categoría, a

non ser que se tivese en conta dentro do factor mando na valoración do posto de traballo.

Artigo 17º.-Salarios.

Para 1998 o incremento será do 3,5% sobre os valores da táboa anexa a este convenio, primas e calquera outro concepto recollido no convenio.

Para 1999 o incremento será o IPC real do ano 1998 máis un punto sobre os valores da táboa anexa deste convenio, primas e calquera outro concepto recollido no convenio.

Para os conceptos de gastos mínimos de locomoción, axudas de custo, quilometraxe e seguros recollidos neste convenio, o incremento será o IPC real do ano 1998.

Respectaranse as condicións económicas derivadas das condicións persoais do traballador.

Artigo 18º.-Cláusula de desvinculación.

Os compromisos en materia salarial contidos neste convenio non serán de aplicación por aquelas empresas que acrediten descensos, en termos reais, da facturación ou dos resultados dos dous últimos exercicios, correspondendo en tal suposto o mantemento retributivo do convenio anterior.

Para efectos de aplicación desta cláusula, as partes acordan someterse ás seguintes normas de procedemento:

a) A dirección da empresa deberalle comunicar por escrito á representación dos traballadores e mais á comisión paritaria do convenio a vontade de se acoller á cláusula de desvinculación, antes dos 15 días seguintes á publicación deste convenio colectivo no BOP.

b) No prazo máximo dos 30 días naturais seguintes á comunicación anterior, a dirección da empresa entregaralles ós representantes dos traballadores a documentación acreditativa que dea fe, documentación que como mínimo comprenderá: 1) Memoria explicativa das causas que motivan a solicitude e unha previsión do que pode supoñer para a empresa ese ano a súa desvinculación. 2) Balances e conta de resultados dos dous últimos exercicios económicos. 3) A empresa, se o considera determinante, poderá aportar datos sobre a súa situación financeira, productiva, comercial ou cotizacións á Seguridade Social e ó IRPF.

c) En vista da documentación achegada, se no prazo dos 10 días seguintes á súa recepción polos representantes dos traballadores non se alcanzase un acordo, remitiráselle á comisión paritaria a devandita documentación.

d) A comisión paritaria, no prazo de 10 días hábiles, deberá resolver sobre o asunto formulado.

e) Se a comisión paritaria non dictase resolución no prazo indicado, procederase conforme o establecido no sistema de arbitraxe AGA I, do 4 de marzo de 1992, asumindo as partes asinantes deste con

venio o sometemento expreso ó dito sistema, polo simple feito da indicada remisión; sen necesidade de ulterior sometemento ou aprobación.

f) Nas empresas en que non exista representación legal dos traballadore, a dirección comunicaralle a dita petición de desvinculación á comisión paritaria, e procederase conforme o que se determina nos apartados b), d) e e) anteriores.

g) Os acordos que se adopten no seo da empresa establecerán os incrementos acordados para a vixencia do convenio, así como o xeito da súa aplicación. Do acordo adoptado daráselle conta á comisión paritaria, co fin do seu coñecemento.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

Diante da grave situación do paro existente e co fin de favorece-la creación de emprego, as partes asinantes deste convenio acordan a conveniencia de reduciren ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, de acordo cos seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión.

b) Horas extraordinarias motivadas por forza maior, entendendo como tales as que estean esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

c) Horas extraordinarias estructurais: mantemento. Co fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate, ou mantemento. Todo iso sempre que non se poidan substituír por contratacións temporais ou a tempo parcial establecidas na lei.

A dirección da empresa informará periodicamente o comité de empresa, os delegados de persoal e delegados sindicais, sobre o número de horas extraordinarias feitas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e dos criterios sinalados anteriormente, a empresa e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias, conforme establece o artigo 35.5º do Estatuto dos traballadores, rexistrarase día a día e totalizarase semanalmente, entregándolle copia do resumo semanal ó traballador no parte correspondente.

As horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior e as estructurais non terán a recarga nas cotizacións á Seguridade Social a que se refiren os reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto, e 1/1985, do 5 de xaneiro. Para isto notificaranse así mensualmente á autoridade laboral conxuntamente pola empresa e comité ou delegados de persoal, se é o caso.

Establécese para o cálculo do valor das horas extraordinarias a fórmula seguinte:

P(S+A)

HE= x1,75

H

HE= Valor hora extra.

P= Número de pagas no ano.

S= Salario convenio mes.

A= Antigüidade mes.

H= Número de horas efectivas ano.

As horas extraordinarias que se traballen de dez da noite a seis da mañá aboaranse cun 25% de recarga.

Artigo 20º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio colectivo percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e ó Nadal, na contía cada unha delas de 30 días de salario base máis antigüidade, se é o caso, calculadas sobre as táboas anexas.

Estas gratificacións concederanse en proporción ó tempo traballado rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano en que se outorguen. A paga correspondente ó primeiro semestre aboarase entre os días 10 e 25 de xullo. Polo que respecta á do segundo semestre, aboarase entre o 10 e o 20 de decembro.

Artigo 21º.-Antigüidade.

O persoal comprendido neste convenio percibirá aumentos periódicos por ano de servicio, consistentes no aboamento de quinquenios na contía da táboa anexa.

Computarase para efectos da antigüidade o tempo prestado dentro da empresa a título de traballo en prácticas e para a formación, sempre que ó remate dun ou doutro tipo de contratos o traballador continuase na empresa.

Crearase unha comisión que no prazo de tres meses deberá estudiar unha regulación da antigüidade partindo da proposta empresarial. Se no prazo sinalado non se chega a un acordo, recorrerase á mediación. A proposta empresarial negociarase entre o 0,75 e o 1% do incremento do salario base.

Artigo 22º.- Saídas, axudas de custo e viaxes.

Tódolos traballadores que, por necesidade da industria e por orde do empresario, teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lles impidan realizar comidas ou pasa-la noite no seu lugar habitual ou domicilio terán dereito ás seguintes axudas de custo:

Ano 1998: axuda de custo completa: 4.200 ptas/día. Media axuda de custo: 1.650 ptas/día.

Ano 1999: os importes arriba sinalados terán un incremento do IPC real de 1998.

Se por circunstancias especiais os gastos orixinados superasen o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser aboado pola empresa, logo do coñecemento previo desta e posterior xustificación do traballador.

Se por necesidade ou conveniencia da empresa o traballador tivese que se desprazar a presta-lo seu labor noutros centros de traballo, o tempo investido no desprazamento deberá caer dentro da xornada establecida.

Se como consecuencia do desprazamento se tivese que inicia-la viaxe antes de comeza-la súa xornada, ou se como consecuencia da volta ó seu punto de partida este se producise unha vez superada a hora oficial de remate da xornada, o traballador percibirá o tempo de exceso de xornada como horas extraordinarias.

Cando o traballador, por necesidades da empresa e por requirimento desta e aceptación voluntaria daquel, tivese que se desprazar utilizando o seu propio vehículo, aboaráselle durante a vixencia deste convenio a cantidade de 33 ptas. por quilómetro.

Artigo 23º.-Gastos mínimos de locomoción.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá por día efectivamente traballado, e en concepto de gasto de locomoción, a cantidade de cincocentas sesenta e cinco pesetas (565 ptas.)

Para 1999 terían un incremento do IPC real do ano 1998.

Artigo 24º.-Pluriemprego.

As partes asinantes deste convenio consideran conveniente contribuír á erradicación do pluriemprego, como regra xeral.

Para estes efectos, considérase necesario que se apliquen co máximo rigor as sancións establecidas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social, por estaren dados de alta xa noutra empresa.

As empresas afectadas por este convenio non poderán contratar, en réxime de pluriemprego ou xornada reducida, a aqueles traballadores que dispoñan doutra ocupación retribuída por xornada completa e non a tempo parcial.

Artigo 25º.-Servicio militar.

O traballador que se incorpore ó servicio militar con carácter oficial ou voluntario polo tempo mínimo de duración deste, terá reservado o seu posto de traballo durante o tempo en que permaneza facendo o servicio e dous meses máis, computándose todo este tempo para efectos de antigüidade na empresa.

Durante o tempo da súa permanencia no servicio militar, o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias de xullo e o Nadal.

Poderanse reintegrar ó traballo os licenciados do servicio militar con permiso temporal superior a un mes, sendo potestativo da empresa o facelo cos que

gozan de permiso de duración inferior ó sinalado, sempre que en ámbolos casos medie a oportuna autorización militar para poder traballar.

O traballador fixo que ocupe a vacante temporal dun compañeiro en servicio militar á volta deste regresará ó seu antigo posto na empresa.

Se a substitución fose efectuada por un traballador alleo á empresa, no momento da volta do fixo cesará, sen dereito a indemnización ningunha se se lle notificase co prazo de 8 días de antelación, aboándoselle estes se non se lle comunicase.

A non reincorporación do traballador fixo no servicio militar dentro do prazo de reserva do seu posto de traballo dará lugar á rescisión do seu contrato de traballo.

Artigo 26º.- Recibo de liquidación.

No caso de baixa na empresa entregaráselle ó traballador copia da liquidación con cinco días de antelación ó cesamento.

Nas liquidacións que se produzan por remate ou rescisión do contrato ou outras causas, farase constar que o traballador non perderá o dereito a cobra-lo que a empresa lles teña que pagar ós traballadores en concepto de revisións, atrasos ou calquera outro tipo de variación na retribución que corresponda no tempo que o traballador que asine a liquidación prestou os seus servicios.

Artigo 27º.-Acción sindical.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente, os traballadores gozarán das seguintes garantías sindicais:

As empresas daranlles conta das novas contratacións que realicen ós representantes legais dos traballadores, de existiren.

Tódalas as empresas con representación sindical están obrigadas a ter un taboleiro de anuncios para inserción de propaganda sindical. Canto á inserción desta, rexerá o disposto no Estatuto dos traballadores.

Logo da existencia previa de común acordo entre as empresas, sindicatos e representantes dos traballadores (comités e delegados), poderase pactar a acumulación mensual de horas sindicais nun só representante, cando o cadro de persoal daquelas fose superior a 31 traballadores.

Dentro das formalidades establecidas nos artigos 77 e seguintes do Estatuto dos traballadores, as empresas facilitarán o exercicio de reunións informativas fóra da xornada laboral e durante dúas horas ó mes.

Cada un dos representantes sindicais poderán dispoñer dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación de acordo coa seguinte escala:

-Ata 100 traballadores: 15 horas.

-De 101 a 250 traballadores: 20 horas

Quedarán incluídas neste crédito as horas destinadas a asistir ás convocatorias sindicais, que, en todo caso, deberán ser correctamente realizadas.

Artigo 28º.-Excedencias.

Os traballadores cunha antigüidade na empresa de cando menos un ano terán dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de situárense en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só o poderá exercer outra vez o mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atenderen o coidado de cada fillo, que se contará desde a data do nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, poñerá fin ó que viñese gozando. Cando o pai e mais a nai traballen só un deles poderá exercer este dereito.

Poderán, así mesmo, solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

No non establecido neste artigo rexerá o que dispón o Estatuto dos traballadores (artigo 46) e a ordenanza laboral sideromeralúrxica (artigo 61), invocándose en cada caso a norma máis beneficiosa entre as ditas disposicións.

A petición de excedencia será formulada por escrito e presentada á empresa cun mes de antelación como mínimo á data en que se solicite comezala e a empresa dará recibo da presentación.

A concesión da excedencia por parte da empresa efectuarase tamén en comunicación escrita.

A incorporación ó posto de traballo deberá ser notificada polos traballadores cun mes de antelación á data de remate do desfrute da excedencia. A notificación farase por escrito e as empresas estarán obrigadas a xustificar recepción do escrito.

Notificada a reincorporación nas condicións indicadas, será admitido o traballador nas mesmas condicións que rexían no momento da iniciación da excedencia.

Artigo 29º.-Xubilación.

As empresas e traballadores poderán pactar, logo da existencia previa de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, e a Lei 63 e 64/1997, do 26 de decembro, debendo as empresas cubri-las ditas vacantes con traballadores que sexan titulares do dereito de calquera das prestacións económicas por desemprego ou cun mozo demandante do primeiro emprego mediante un contrato da mesma natureza.

Artigo 30º.-Contratos formativos e de duración determinada.

Como norma xeral, en todo o que non se especifique neste convenio, remítese á normativa vixente.

a) Contratos en prácticas.

As empresas acollidas a este convenio poderán realizar esta modalidade de contrato na seguinte contía:

Ata 5 traballadores: 1 contrato en prácticas.

De 6 a 10 traballadores: 2 contratos en prácticas.

De 11 a 25 traballadores: 4 contratos en prácticas.

De 26 a 40 traballadores: 5 contratos en prácticas.

De 41 a 50 traballadores: 6 contratos en prácticas.

De 51 a 100 traballadores: 10 contratos en prácticas.

De 101 a 250 traballadores: 10% do cadro de persoal.

De 251 a 500 traballadores: 8% do cadro de persoal.

De máis de 500 traballadores: 6% do cadro de persoal.

A retribución será do 60% os seis primeiros meses, do 70% os seis meses seguintes, do 75% ata os dezaoito meses e do 80% ata os vintecatro meses; estas porcentaxes estableceranse sobre as cantidades fixadas na táboa de salarios anexa a este convenio para un traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo. As melloras na retribución que se establecen neste artigo terán vixencia o primeiro día do mes seguinte ó asinamento deste convenio.

O empresario deberá comunicarlle ó traballador contratado en prácticas a continuidade ou non do contrato. No caso de decidir non continuar, poderase rescindi-lo contrato por considerarse que non responde ás expectativas polas que foi contratado, respectándose os prazos establecidos tanto para proceder á comunicación do aviso como para devenga-los haberes e demais percepcións a que teña dereito o traballador. O empresario neste último caso poderá formalizar outro contrato en prácticas con outro traballador distinto.

b) Contratos de formación.

No que se refire á contía destes contratos remitímonos ó apartado 1 deste mesmo artigo (contratos en prácticas).

Non se poderán celebrar contratos para a formación con categoría inferior á de especialista ou axudante.

A duración destes contratos en razón á especialización que require o sector será máxima de dous anos.

A retribución será a que corresponda ó salario mínimo interprofesional (SMI), o primeiro ano. Para o segundo ano o SMI máis un 5%. Sempre en proporción ó tempo de traballo efectivo.

c) Contratos eventuais de duración determinada, por circunstancias do mercado, por acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

Estes contratos, regulados no vixente artigo 15.1ºb do Estatuto dos traballadores, poderán ter unha duración máxima de 13,5 meses dentro dun período de 18 meses, contados no momento en que se produzan as ditas causas.

As empresas meralúrxicas con convenio propio que desexen acollerse ó establecido neste artigo, deberán facer unha remisión expresa a el, dentro do seu convenio ou a través da súa comisión paritaria.

d) Contratos con empresas de traballo temporal (ETT).

Os traballadores pertencentes a estas empresas non poderán ser contratados para realizar traballos productivos habituais das empresas afectadas por este convenio, excluíndo os supostos de substitución por ILT, vacacións, licencias.

e) Contrato para o fomento da contratación indefinida.

As partes asinantes do presente convenio acordan declarar vixente e de aplicación a Lei 63/1997 e 64/1997, do 26 de decembro, que regula os ditos contratos.

Artigo 30º bis.-Indemnización nos contratos non indefinidos.

As empresas acollidas a este convenio aboarán mensualmente ós traballadores con contratos non indefinidos, polo concepto de indemnización, unha compensación de eventualidade do importe dun día e medio por mes traballado. En caso de conversión dun contrato eventual en indefinido, sempre que se respecte a antigüidade do traballador, a empresa resarcirase do importe pagado por este concepto de común acordo co traballador.

As cantidades xeradas por este concepto que non foron pagadas anteriormente á aplicación deste acordo aboaranse cando proceda en dereito, no momento da finalización ou extinción do contrato.

Artigo 31º.-Seguro colectivo.

As empresas deberán concertar seguros colectivos de accidentes, con primas íntegras ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral ou común con resultado de morte ou accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez: 2.500.000 ptas.

A repercusión na cobertura da póliza pola diferencia do incremento que se produce, entenderase con efectos a partir de 30 días despois do asinamento do presente convenio. O traballador facilitará o nome do beneficiario.

Para o persoal de nova incorporación, a póliza de seguros establecida neste artigo deberase concertar

no prazo dun mes a partir da contratación do traballador.

Unha copia da póliza inserirase no taboleiro de anuncios das empresas.

Artigo 32º.-Incapacidade temporal.

A prestación por incapacidade temporal derivada de accidente laboral ocorrido no centro de traballo ou en desprazamentos a outros centros ou lugares de traballo dentro da xornada laboral complementarase ó cen por cento desde o primeiro día da baixa.

En caso de hospitalización, o traballador percibirá o cen por cento do seu salario desde o primeiro día.

Para dereito a esta mellora, o traballador deberá demostrar documental e verdadeiramente ante a súa empresa o internamento nun centro hospitalario.

Artigo 33º.-Comisión paritaria e de vixilancia.

Establécese a comisión mixta e paritaria do convenio como órgano de interpretación, conciliación, vixilancia do seu cumprimento e reestructuración do sector.

A comisión estará integrada polos seguintes membros:

-Un presidente, o da comisión negociadora do convenio.

-Dous vocais para cada unha das centrais sindicais, Comisiones Obreras, Unión General de Traballadores e Confederación Intersindical Galega.

-Seis vocais pola presentación empresarial.

Ademais das competencias xerais de interpretación, aplicación e seguimento do convenio, e sen prexuízo das normas xerais de procedemento administrativo e procesuais, a comisión mixta paritaria poderá funcionar a pedimento de parte como órgano de mediación nos conflictos derivados da aplicación do convenio, así como en todas aquelas cuestións sociolaborais que poidan afectar ó sector.

A comisión mixta paritaria reunirase con carácter obrigatorio a primeira quincena de cada trimestre a partir do asinamento do convenio, e con carácter extraordinario a pedimento de calquera das partes, e logo da convocatoria previa do seu presidente nun prazo máximo de 72 horas.

Artigo 34º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente regulado neste convenio rexerá o establecido no Estatuto dos traballadores, na Resolución do 13 de maio de 1997 (acordo sobre cobertura de baleiros) e na ordenanza laboral siderometalúrxica, do 29 de xullo de 1970, que se asume como norma subsidiaria polos asinantes, así como as disposicións legais vixentes ou que se poidan promulgar durante a vixencia do convenio.

Artigo 35º.- Extinción do contrato por causas obxectivas.

1. Cando o empresario queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.1º.c) do Estatuto dos tra

balladores e conforme o procedemento establecido no artigo 53 deste texto legal, deberá empregar, ademais da comunicación establecida na norma, e de xeito simultáneo, unha memoria explicativa que faga referencia á causa de extinción, tanto ó traballador ou traballadores afectados como ó representante ou representantes dos traballadores na empresa.

2. Sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extintivo, conforme o procedemento establecido na lei, os representantes dos traballadores emitirán informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada no prazo de catro días hábiles.

3. Nas empresas que non teñan representación legal dos traballadores, o traballador ou traballadores afectados poderán facilitar copia da memoria explicativa e da comunicación á central sindical que consideren oportuno, que terá que ser necesariamente unha das asinantes do convenio. A central sindical poderá, ó igual que no suposto establecido no parágrafo anterior, e sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extintivo empresarial, emitir informe motivado no prazo de catro días hábiles sobre a decisión empresarial e a causa extintiva legal.

4. Os informes a que se fai referencia nos apartados 2 e 3 anteriores enviaránselle á empresa para a súa unión ó expediente, e entenderase que, transcorridos os prazos establecidos para a súa emisión sen o facer, se desiste de tal dereito.

5. O procedementos establecido neste artigo non suspenderá nin interromperá os prazos previstos no artigo 53.1º c) do Estatuto dos traballadores.

6. Esta cláusula considerarase para tódolos efectos de carácter obrigacional.

Artigo 36º.-Persoal de novo ingreso.

1. Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, do que deberá quedar no seu poder unha copia deste.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

Técnicos titulados: 6 meses.

Técnicos non titulados: 2 meses.

Administrativos: 1 mes.

Subaternos: 1 mes.

Profesionais de oficio: 1 mes.

Peóns, especialistas e aprendices: 2 semanas.

2. As empresas entregaranlles ós representantes legais dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que se deban sinalar por escrito de acordo coa Lei 2/1991, do 7 de xaneiro.

3. As empresas notificaranlles ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos

de traballo, a copia básica dos cales foi entregada, así como as denuncias correspondentes a estes.

Artigo 37º.-Formación profesional.

As empresas colaborarán coas organizacións empresariais e sindicatos para a realización de cursos de formación para os traballadores, segundo o acordo de formación continua, sendo as organizacións empresariais e os sindicatos os órganos autorizados e con competencias para desenvolver o dito labor.

Ós traballadores que paraticipen en cursos de formación continua teránselles en contra estes para efectos de promosión interna e acceso a categorías superiores.

Artigo 38º.-Contratación indefinida.

Establésese o acordo de que tódalas empresas con máis de tres anos de actividade e máis de cinco traballadores, terán que ter un cadro de persoal fixo como mínimo do 20 ou 25% da media de cadro de persoal dos últimos 24 meses. Esta medida deberá ser regulada nos tres meses seguintes ó asinamento do convenio.

Disposicións transitorias

Primeira.-Os contratos de aprendizase en curso terán a seguinte retribución:

Aprendiz en 1º y 2º ano o 90% do SMI.

Aprendiz en 3º anos 95% do SMI.

A dita retribución terá efecto ó mes seguinte ó asinamento deste convenio.

Segunda.-As partes asinantes do presente convenio acordan desenvolver neste ámbito de aplicación os acordos subscritos entre as organizacións empresariais e as centrais sindicais do sector, no correspondente á clasificación profesional, formación contínua, estructura de negociación colectiva e todos aqueles outros que no futuro pidan acordarse.

Disposicións adicionais

Primeira.-A data tope para o pagamento dos atrasos salariais será o 31 de maio.

Segunda.-As partes asinantes deste convenio foron:

Pola representación empresarial:

-Asime: Asociación Provincial de Industriales Metalúrgicos de Pontevedra.

-Atra: Asociación Autónoma de Talleres de Reparación de Vehículos Automóviles de la Provincia de Pontevedra.

-Instalectra: Asociación Autónoma de Empresarios de Instalaciones y Reparaciones Eléctricas de la Provincia de Pontevedra.

-Feca: Federación de Empresarios de la Comarca de Arousa.

-Foncalor: Asociación Autónoma de Empresarios Instaladores de Fontanería, Saneamiento, Gases Licuados del Petróleo, Calefacción en General, Aire Comprimido y Afines de la Provincia de Pontevedra.

Pola representación dos traballadores:

-UGT: Unión General de Trabajadores.

-CCOO: Comisiones Obreras.

-CIG: Confederación Intersindical Galega.

ANEXO I

Táboa salarial

CategoríasSalario

base/mes

Antigüidade/mes

Técnicos titulados

Enxeñeiros e licenciados203.8098.479
Perito con responsabilidade184.0247.654
Enxeñeiros e técnicos industriais175.2927.106
Graduados sociais137.6055.526
Mestres industriais135.2424.773
Practicantes114.5914.564

Técnicos de taller

Xefe de taller148.8736.184
Mestres de taller133.1625.530
Contramestre133.1625.530
Encargado121.5355.037
Capataz de especialistas103.6324.299
Capataz de peóns ordinarios99.3614.113

Técnicos de laboratorio

Xefe de primeira155.4946.457
Xefe de segunda133.1625.530
Analista de primeira121.5355.037
Analista de segunda104.4834.327
Auxiliar94.8413.874

Técnicos de oficina

Delineante proxectista140.1436.112
Delineante de primeira115.9064.809
Delineante de segunda105.8474.391
Auxiliar94.8413.874

Organización científica do traballo

Xefe de primeira148.2516.184
Xefe de segunda137.6965.716
Técnico organización de primeira119.4774.956
Técnico organización de segunda106.6974.428
Auxiliar94.8413.874

Administrativos

Xefe de primeira148.8596.184
Xefe de segunda137.6965.716
Oficial de primeira119.4734.956
Oficial de segunda106.6974.428
Viaxante119.4734.956
Auxiliar94.8413.874

Persoal subalterno

Chofer camión104.4454.327
Chofer turismo102.1904.235
Chofer motociclo95.4253.951
Listeiro101.0384.186
Almaceneiro97.6704.049
Pesador de báscula95.4253.951
Vixilante93.1713.858
Porteiro e ordenanza90.9243.764

Operarios de taller

Oficial de primeira112.1404.660
Oficial de segunda107.4054.375
Oficial de terceira102.6434.224
Especialista99.6914.083
Peón94.8403.874

Menores de 18 anos

De 16 a 18 anos68.0400

3967