Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de abril de 1998 pola que se aproban determinados proxectos editoriais para a educación primaria e se autoriza o uso de libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares en centros docentes públicos e privados da Comunidade Autónoma.

O Decreto 89/1993, do 19 de abril, regula a autorización de libros de texto e doutros materiais curri

culares para as ensinanzas de réxime xeral, así como o seu uso nos centros docentes.

O devandito decreto establece como elemento fundamental do proceso de autorización a presentación do proxecto editorial e define as condicións que este ten de reunir para a súa aprobación.

A Orde do 15 de novembro de 1994 desenvolve o devandito decreto, concretando a documentación que debe acompaña-la solicitude de autorización e precisando os termos nos que os libros de texto e os materiais curriculares, sempre que se axusten ó proxecto editorial aprobado, farán consta-la autorización.

En virtude das mencionadas normas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan autorizados os proxectos editoriais supervisados que se mencionan no anexo da presente orde, así como o uso nos centros docentes públicos e privados da Comunidade Autónoma dos libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares nos que se concretan os devanditos proxectos.

Artigo 2º

Os libros de texto e materiais curriculares resultantes do proxecto editorial mencionado farán consta-la autorización nos termos establecidos na citada Orde do 15 de novembro de 1994.

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Director Xeral de Ordenación Educativa

e de Formación Profesional

ANEXO

Relación dos proxectos editoriais supervisados

EditorialProxecto

Alhambra Longman-Proxecto editorial «Bingo! 1 y 2» da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «New Stepping Stones» da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Over to Us!» da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «English Parade» da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º e 3º ciclos , 3º, 4º,5º e 6º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Bingo!» da área de lingua estranxeira: inglés para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.

Grupo Anaya-Proxecto editorial «Lingua primaria» da área de lingua e literatura galega para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.

EditorialProxecto

-Proxecto editorial «Coñecemento do medio. Primaria» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Matemáticas primaria» da área de matemáticas para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Lengua Castellana y Literatura» da área de lingua castelá e literatura para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Educación Artística: Plástica» da área de educación artística para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Goldfish» da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Nuevo Girasol» das áreas de lingua castelá e literatura, matemáticas e coñecemento do medio natural, social e cultural para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.

Galaxia, S.A.-Proxecto editorial «Lingua» da área de lingua galega e literatura para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.

Heinemann, S.A.-Proxecto editorial «Wonderland» da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Teamwork» da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Big Red Bus» da área de lingua estranxeira: inglés para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.

Edicións Obradoiro, S.A.-Proxecto editorial «Lengua Española-Cuaderno 1, 2, 3» da área de lingua castelá e literatura para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Libro das preguntas-Caderno do explorador» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Lengua Española» da área de lingua castelá e literatura para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Libro das preguntas-Caderno do explorador» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Plástica-Música-Dramatización» da área de educación artística para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Educación Artística» da área de educación artística para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Matemáticas» da área de matemáticas para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Matemáticas 1º e 2º» da área de matemáticas para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.

Oxford University Press-Proxecto editorial «Get Set Go!» da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º e 3º ciclos de educación primaria, 3º, 4º, 5º e 6º cursos.
-Proxecto editorial «Top Class 3 & 4» da área de lingua estranxeira: inglés para o 3º ciclo, 5º e 6º cursos de educación primaria.

Rodeira-Proxecto editorial «Matemáticas. Libro do alumno» da área de matemáticas para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Coñecemento do Medio. Libro do alumno» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 1º ciclo, 2º cursos de educación primaria.

S.M.-Proxecto editorial «El Dragón Canelón» da área de lingua castelá e literatura para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Tierra. Lengua» da área de lingua castelá e literatura para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Tierra. Matemáticas» da área de matemáticas para o 2º ciclo, 3º e 4º curso de educación primaria.
-Proxecto editorial «Terra. Coñecemento do Medio» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 2º ciclo, 3º e 4º curso de educación primaria.
-Proxecto editorial «Educación Artística-Ámbito de Plástica» da área de educación artística para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Educación Artística-Ámbito de Plástica» da área de educación artística para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Top Dog 1 y 2» da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.

Edicións Xerais de

Galicia, S.A.

-Proxecto editorial «Coñecemento do Medio-1º ciclo» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Matemáticas-1º ciclo» da área de matemáticas para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
-Proxecto editorial «Lingua-1º ciclo» da área de lingua galega e literatura para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.

4451