Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de maio de 1998, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifica o artigo 3º da Orde do 28 de novembro de 1997, que modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas).

O Diario Oficial de Galicia nº 234, do 3 de decembro de 1997, publicou a Orde do 28 de novembro de 1997, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda pola que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saude (Sergas).

O artigo 3º da citada orde establece que a plena efectividade da relación de postos de traballo na parte correspondente ós servicios veterinarios oficiais da saúde pública non se producirá ata o día 1 de xuño de 1998.

A sentencia nº 85/1998, do 4 de febreiro de 1998, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, incide claramente na executoriedade do dito acordo, polo que parece aconsellable entre tanto, suspender temporalmente a entrada en vigor do dito artigo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais,

DIPOÑEMOS:

Artículo 1º

Suspender temporalmente a entrada en vigor a que se refire o artigo 3º da Orde do 28 de novembro de 1997.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1998.

Dositeo Rodríguez RodríguezJosé Antonio Orza Fernández

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Economía

e Administración Públicae Facenda

4450