Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/78-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Medón-Ratoeiros.

Situación: Montederramo.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 147 metros de lonxitude, en conductor L.A.-56, con orixe na L.M.T. dobre circuíto Casadovento-Xunqueira de Espadanedo e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, 20.000/380-220 V en Medón. Líña aérea a 20 kV de 421 metros en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. Cacharrequille-Casetas Rodicio e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, 20.000/380-220 V en Currás. 4 líñas aéreas de baixa tensión no sector.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

...