Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/73-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense

Denominación: L.M.T. Rairiz de Veiga-Santa Baia.

Situación: Rairiz de Veiga.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 2.795 metros de lonxitude, en conductor L.A.-56, con orixe no apoio nº 8 da L.M.T. Sandiás-Sabariz e remate no C.T. existente en caseta rural de Santa Baia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4134