Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.724

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 14 de maio de 1998 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura,Gandería e Política Agroalimentaria, anunciada pola Orde do 10 de marzo de 1998.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería

de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria pola Orde do 10 de marzo de 1998 (DOG nº 56, do 24), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e na disposición sexta da dita orde, e demais normativa vixente, esta consellería acorda:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se recolle no anexo desta orde, adxudicándolle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se cita.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obteña praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, tratándose de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente, e efectuaranse acto seguido os trámites necesarios para a entrada en nómina, conforme dispón a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 28 de novembro de 1983.

As dilixencias efectuadas trasladaranse, mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, logo da comunicación a esta consellería conforme o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

ANEXO I

Nº R.P.: 3492357035 A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Reinoso Reinoso, Mª Dolores.

Posto de traballo: secretaria director. Prod. Agropo.

Nivel: 18.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: Dirección xeral. Prod. Agropecuaria.

4828