Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.724

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de maio de 1998 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os aspirantes que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas convocados por Orde do 28 de abril de 1992.

Por Orde do 15 de decembro de 1997 (DOG do 8 de xaneiro de 1997) nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 28 de abril de 1992.

Rematada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente nos procedementos selectivos convocados por Orde do 28 de abril de 1992 os opositores relacionados nos anexos I, II, III e IV da Orde do 1 de outubro de 1997 (DOG do 16).

Segundo.-Quedan exceptuados do aprobado da fase de prácticas os opositores relacionados nos anexos II e III da Orde do 15 de decembro de 1997 (DOG do 8 de xaneiro de 1998), os primeiros por estaren excluídos do procedemento selectivo e os segundos por seren xa funcionarios de carreira do mesmo corpo e nivel.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

4862