Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.716

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de limpeza de institucións hospitalarias da Seguridade Social de Ourense para o ano 1998.

Visto o texto do convenio colectivo do sector de limpeza de institucións hospitalarias da Seguridade Social (código número 3200395) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, pola Asociación de Empresarios de Limpieza de Instituciones Sanitarias del Insalud de Ourense, e, da parte social, polas centrais sindicais, CIG e CC.OO, todas elas con capacidade suficiente para asinalo, na xuntanza celebrada o día 13-3-1998, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de abril de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Artigo 1º

O presente convenio colectivo afecta ás empresas dedicadas á limpeza de institucións hospitalarias pechadas da Seguridade Social en Ourense e que no ámbito de aplicación deste convenio tódolos/as traballadores/as dependentes destas empresas e que presten os seus servicios nas institucións hospitalarias pechadas da Seguridade Social da provincia de Ourense.

Artigo 2º-Vixencia e duración.

O presente convenio empezará a rexer desde a súa aplicación no BOP de Ourense, non obstante

para efectos económicos será desde o 1 de xaneiro de 1998 e rematará o 31 de decembro de 1998. Ó remate da vixencia do presente convenio colectivo manerán a súa vixencia todas e cada unha das súas cláusulas ata a entrada en vigor do seguinte. O convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano, se por calquera das partes non fora denunciado, polo menos con tres meses de antelación ó remata da súa vixencia. A fórmula de denuncia será mediante comunicación da parte denunciante á outra parte na que expresará o desexo de denunciar e negociar un novo convenio.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas de calquera índole contidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas e situacións implantadas polas empresas e que impliquen condicións máis beneficiosas con respecto ó presente convenio subsistirán para aqueles/as que as veñen desfrutando, pero sen que poida interpretarse que sobre as chamadas condicións máis beneficiosas terá que computarse o melloramento económico que supón o presente convenio.

Artigo 4º.-Salario base, complemento de destino, complemento de productividade fixo e complemento específico.

O importe que se aboará nestes conceptos especificarase nos anexos I e II deste convenio, que será o mesmo que por este concepto cobren os/as limpadores/as e os/as pinches da Seguridade Social durante o ano 1998 e para o resto das categorías aumentará en proporción correspondente ás táboas salariais de 1997.

No caso de que se produza revisión dos salarios do persoal do Sergas, procederase a unha revisión salarial que será aplicada as táboas de salarios na mesma contía.

Artigo 5º.-Complemento quenda fixa.

Todos aqueles traballadores/as que estean en quenda fixa, é dicir, en réxime de prestación de servicios que non comporte rotación, percibirán un complemento mensual de 2.642 ptas.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Os/As traballadores/as fixos/as comprendidos/as no ámbito de aplicación deste convenio desfrutarán como complemento persoal de antigüidade dun aumento periódico por cada tres anos de servicios prestados no memso centro de traballo, na contía do 5% do salario base por cada trienio.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá dúas gratificacións extraordinarias, unha en xullo e outra no Nadal, cada unha delas de 30 días de

salario base máis antigüidade, máis o complemento de destino. As pagas serán aboadas respectivamente antes do 30 de xullo e 24 de decembro.

Artigo 8º.-Gratificación domingos, festivos e nocturnos.

O persoal que preste os seus servicios en domingos, festivos e traballos nocturnos, percibirá a mesma cantidade que por este concepto se lle aboe ó persoal de pinches do Sergas. O complemento de traballo en domingos e festivos será de 2.898 ptas./día de traballo. Por noites fixas percibiranse 10.494 ptas. durante a primeira e segunda semana e 8.698 en caso de tratarse da terceira ou cuarta.

Artigo 9º.-De toxicidade, perigosidade e penosidade.

Estas gratificacións aboaranse na contía que en cada momento estableza a lexislación vixente nestas materias.

Artigo 10º.-Xornada de traballo e descansos.

A xornada laboral para 1998 será a mesma do persoal do Sergas. As libranzas a que terán dereito os/as taballadores/as serán as mesmas que desfruta o persoal do Sergas, que nestes momentos son as seguintes:

-Descanso quincenal (dous ó mes).

-Os días 6, 7, 8 de abril.

-Os días 21, 22, 23, 24, 28 e 29 de decembro.

-Os correspondentes ó terceiro sábado.

Se durante este ano aumentan os días de libranza do persoal do Sergas, reunirase a comisión paritaria para estudia-la posible aplicación neste convenio.

Se durante a vixencia do presente convenio se producise algún cambio de adxudicatario na presentación do servicio de limpeza dos centros ós que é de aplicación, correrá por conta de cada un dos adxudicatarios o aboamento das cantidades correspondentes ós descansos quincenais de terceiro sábado non desfrutados polos traballadores/as durante a vixencia das súas respectivas adxudicacións, ou ben o desfrute acumulado destes, sempre que se produca durante a vixencia das adxudicacións baixo as cales estes non foron desfrutados.

No que ós restantes descansos non desfrutados respecta, correrá por conta dos adxudicatarios o aboamento ou desfrute acumulado deles, sempre en estricta proporción ós períodos de vixencia das respectivas contratas, de tal maneira que cada unha delas se faga cargo dos días non descansados en proporción ó tempo de duración da adxudicación.

No suposto de que fosen os domingos ou festivos os non desfrutados, procederase a activa-los mecanismos de compensación previstos no presente convenio, pero sempre considerando os períodos en que

estes non foron desfrutados procedendo entón, segundo a forma prescrita no parágrafo primeiro da presente disposición.

Artigo 11º.-Festivos.

O/A traballador/a que desenvolva a súa xornada laboral en domingo ou festivo, de mutuo acordo coa empresa poderá:

a) Desfrutar, en compensación, dun día de descanso semanal.

b) Percibir aboamento correspondente segundo a normativa vixente.

c) Acumula-lo descanso ós días de vacacións regulamentarias.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia deste convenio non se realizarán horas extraordinarias de carácter normal, non obstante, poderán realizarse as horas extraordinarias debidas a forza maior e as de carácter estructural. Consideraranse horas extraordinarias motivadas de forza maior, as traballadas e empregadas na reparación de sinistros ou as que realicen para prevelos. E as horas estructuradas, as que con carácter extraordinario e esporádico se efectúen no seo dunha empresa para cubri-la realización dun traballo que non foi posible prever nin substituír por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

Enviarase á delegación de traballo, un informe mensual da realización e motivos destas horas e será realizado conxuntamente polo comité de empresa e a dirección e, se é o caso, polos delegados/as ou delegado/a de persoal.

O incumprimento do pactado neste artigo, así como o referente o artigo 35 da Lei 8/1880, do 10 de marzo, e R.D.L. 1985 do 20 de agosto, considerarase falta grave para efectos do disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 13º.-Licencias.

Logo da solicitude dos/as traballadores/as afectados/as, concederase licencia retribuída e polo tempo que se indica, nos casos seguintes:

-Polo matrimonio do/a traballador/a: 15 días naturais.

-Polo matrimonio de fillos/as: 1 día natural.

-Polo parto da esposa: 2 días naturais se é na provincia e 5 días se é fóra dela.

-Polo falecemento de cónxuxe e familiares en primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade, quere dicir: pais, nais, fillos/as, avós, netos, irmáns, pais políticos, irmáns políticos, fillos políticos, avós políticos e netos políticos: 3 días naturais se é na provincia e se é fóra dela, 5 días naturais.

-Polo falecemento de parentes no terceiro grao, é dicir: tíos, bisavós políticos, bisnetos políticos e sobriños políticos: 1 día natural.

-Nos demais casos atrinxirémonos ó disposto na lexislación vixente.

-No caso de asitencia ó/á médico/a, o tempo necesario con xustificación e cun máximo de 3 horas. No caso de desprazamento ó/á especialista terase en conta a distancia e en consecuencia o tempo indispensable.

Artigo 14º.-Excedencias.

Todo/a traballador/a cunha antigüidade de polo menos un ano na empresa terá dereito a que se lle recoñeza a súa situación de excedencia voluntaria por un período máximo de 5 anos, e non perderá en ningún caso a antigüidade que tiña no momento de solicitala a empresa estará obrigada á concesión da excedencia.

Artigo 15º.-Cambio de posto de traballo por embarazo.

As mulleres terán dereito a cambiar de posto de traballo, co fin de que en ningún caso estarán obrigadas a desempeña-las súas funcións en lugares redioactivos e infecciosos, que supoñan perigo para o seu estado.

Artigo 16º.-Roupa de traballo.

Concederáselle a todo o persoal, axeitada e regulamentaria roupa de traballo, funda para o persoal masculino e bata para o persoal feminino cada seis meses, zapatillas cada tres meses, luvas cada vinte días e zocos cada nove meses. O persoal terá que devolve-la roupa e utensilios utilizados no momento que se produza a substitución.

Artigo 17º.-Incapacidade laboral transitoria.

O/A traballador/a que cause baixa por accidente laboral, non laboral, maternidade ou enfermidade común, percibirá o cento por cento do salario convido, desde o primeiro día da baixa, incluídas as pagas extras.

Artigo 18º.-Extinción do traballo na contrata correspondente.

O persoal de limpeza que realice a súa xornada nun centro de traballo durante un período mínimo de dous meses, no caso do cesamento da contrata, terá dereito a continuar coa nova empresa adxudicataria cos servicios de limpeza do centro. Esta nova empresa adxudicataria terá a obriga de absorber a este persoal respectándolle a antigüidade e demais dereitos adquiridos.

Artigo 19º.-Garantías dos cargos sindicais.

Por mor de situacións concretas, como son confección do cadro de horarios, calendario de vacacións, e acordo para a negociación colectiva, o

empresario facultará para se reuniren nos locais da empresa ós/ás traballadores/as e ós/ás representantes sindicais durante a xornada de traballo, sen que poida excederse dunha hora en tales casos e de común acordo para a designación do día e hora, sen menoscabo da realización de traballos urxentes que puideran xurdir.

Artigo 20º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio, desfrutará de un mes natural de vacacións anuais retribuídas.

As vacacións tomaranse entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, non obstante, o persoal que desexe toma-las vacacións no resto dos meses do ano e sempre de acordo coa empresa recibirá unha bolsa extrasalarial de 7.000 ptas. durante o período de vacacións.

Os/As traballadores/as que no momento de desfruta-las as vacacións, se atopan de baixa por enfermidade ou accidente terán dereito a desfrutalas inmediatamente despois de producirse a alta e dentro do ano natural.

Elaborarase un calendario de vacacións en cada empresa de acordo entre empresa, traballador/a e comité, de tal xeito que os/as taballadores/as desfruten das súas vacacións rotativamente, respectando a lexislación vixente. O persoal da quenda de noite precibirá tamén o plus de nocturnidade na retribución de vacacións.

Artigo 21º.-Control médico.

Todo o persoal comprendido no presente convenio terá dereito a efectuar unha revisión médica anual.

A revisión será por conta da empresa farase en horas de traballo e os resultados do recoñecemento médico entregaránselles ós traballadores/as.

Artigo 22º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento do pactado no presente convenio e, en xeral, para cantas cuestións se deriven da súa aplicación, establécese unha comisión paritaria que estará integrada polos seguintes membros:

Parte económica: Asociación de Empresarios de Limpieza de Instituciones Sanitarias del Insalud de Ourense.

Parte social: centrais sindicais asinantes do presente convenio.

Artigo 23º.-Xubilacións.

Todo/a traballador/a afectado/a polo presente convenio poderá solicita-la xubilación ós 64 anos ó abeiro do previsto no Real decreto lei 15/1981, do 28 de agosto; suposto no cal a empresa estará obrigada a contratar outro/a traballador/a perceptor de desemprego ou mozo/a demandante do primeiro emprego, a través dun contrato de idéntica natureza.

Artigo 24º.-Contratación.

As empresas adxudicatarias do servicio de limpeza de hospitais non poderán contratar persoal a través das empresas de traballo temporal (ETT) tanto para substitucións de vacacións, I.T., etc. ou para calquera posto de traballo (ampliación de cadro de persoal, postos de nova creación, etc.).

Artigo 25º.-Copia básica do contrato.

As empresas entregaranlles ós representantes legais dos traballadores/as unha copia básica de tódolos contratos de traballo que deban celebrarse por escrito, de acordo coa Lei 2/1991, do 7 de xaneiro.

Disposicións xerais

Primeira.-Todo o que non se previu no presente convenio, estará disposto na ordenanza laboral de traballo para as empresas dedicadas á limpeza de edificios e locais aprobada o 15 de febreiro de 1975, así como nas demais disposicións legais vixentes.

Segunda.-As empresas afectadas por este convenio deberán ter un exemplar deste, así como a copia dos boletíns de cotización da Seguridad Social no taboleiro de anuncios da empresa para coñecemento de tódolos/as traballadores/as, co fin de que constaten a súa situación laboral.

Terceira.-As partes asinantes do presente convenio son a Asociación de Empresarios de Limpieza de Instituciones Sanitarias del Insalud de Ourense e as centrais sindicais: Confederación Intersindical Galega e Comisións Obreiras, ambas con capacidade suficiente e leixitimación, de conformidade co disposto na Lei 8/1980 do Estatuto dos traballadores.

Cuarta.-Se se producise nalgunha das empresas afectadas polo presente convenio baixas de traballadores/as fixos/as do cadro de persoal dos centros sanitarios afectados, estes serán cubertos polos/as traballadores/as que teñan carácter de fixos.

Quinta.-Se se produce a revisión salarial, os atrasos devengados seranlles aboados ós/ás traballadores/as antes de transcorridos os 30 días seguinte a aquel en que as empresas cobren do Sergas.

ANEXO I

CATEGORÍAS. SALARIO BASE

Administrativos/as:

Xefe/a de 1ª:98.239

Xefe/a de 2ª:77.947

Caixeiro/a:77.947

Oficial de 1ª:76.899

Oficial de 2ª:75.956

Auxiliar:74.644

Cobrador/a:74.279

Mandos intermedios:

Encargado/a xeral:91.808

Supervisor/a encargado/a zona:79.861

Supervisor/a encargado/a sector:76.899

Encargado/a grupo ou edificio:75.158

Responsable de equipo:74.265

Persoal obreiro:

Especialista:74.265

Peón especializado:74.265

Limpador/a:73.310

Conductor/a-Limpador/a:74.265

Personal oficios varios:

Oficial:74.265

Axudante:73.310

Peón:73.310

Traballadores/as menores de 18 anos:SMI

ANEXO II

COMPLEMENTOS

-O complemento de destino será de 31.360 ptas./mes para tódolas categorías.

-O complemento de productividade será de 11.993 ptas./mes.

-O complemento específico será de 5.573 ptas./mes.

Acta de constitución da mesa de negociación do convenio de limpeza de institucións hospitalarias.

Sendo as 11 horas do día 5 de marzo de 1998, contitúese a mesa de negociación para o convenio colectivo de limpeza de institucións hospitalarias da Seguridade Social para o ano 1998, quedando formada por representantes da Asociación de Empresarios de Limpeza de Hospitais e por 11 representantes da Confederación Intersindical Galega e 1 de Comisións Obreiras.

Despois de entregado o anteproxecto pola parte social, procédese a sinalar para o día 13 de marzo a reanudación das negociacións.

Acta de acordo para o convenio de limpeza de institucións hospitalarias

Sendo as 11 da mañá do día 13 de marzo de 1995, chégase a acordo para o asinamento do convenio de limpeza de institucións hospitalarias da Seguridade Social da provincia de Ourense, consistente en:

-Duración: de 1 ano.

-Salarios: as táboas de salarios do anexo I e anexo II experimentarán un incremento do 2,1%. No supos

to de que durante o ano 1998 os salarios do persoal subalterno da Seguridade Social sufrirán algunha modificación, procederase a unha revisión salarial.

-Xornada: corresponden 9 días de libranza ó ano.

-Pagas: faranse efectivas antes do 30 de xullo e 24 de decembro.

-Contratación: prohibición de contratación a través das empresas de traballo temporal.

-Control médico: todo o persoal comprendido no presente convenio terá dereito a efectuar unha revisión médica anual.

E non habendo máis asuntos que tratar, asínase a presente acta na data arriba sinalada.

4665