Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.701

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 141/1998, do 22 de maio, polo que se nomean os membros da Xunta Electoral de Galicia.

Os parágrafos 1.c), e 1.d) do artigo 14 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, modificada pola Lei de Galicia 15/1992, do 30 de decembro, establecen que a Xunta Electoral de Galicia está composta, entre outros, por catro vocais maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e por catro vocais profesores en activo das facultades de Dereito, de Ciencias Políticas ou de Socioloxía das universidades de Galicia.

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, asi como o presidente do Parlamento de Galicia, mediante cadanseu escrito dirixido a esta Presidencia, comunican os vocais designados en virtude dos artigos 14.1º.c) e d) da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia.

Polo exposto, e en cumprimento do disposto no artigo 15.1º, da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Por proposta do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, noméanse vocais da Xunta Electoral de Galicia os maxistrados do dito tribunal que a seguir se indican:

Pablo Saavedra Rodríguez.

Benigno López González.

Miguel Ángel Cadenas Sobreira.

Miguel Ángel Fernández Otero.

Artigo 2º

Por proposta do presidente do Parlamento de Galicia, noméanse vocais da Xunta Electoral de Galicia os profesores que a seguir se indican:

Carlos Ignacio Aymerich Cano.

Jesús Martínez Girón.

José Antonio Portero Molina.

Perfecto Yebra Martull-Ortega.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de maio de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

4697