Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.621

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros do convenio colectivo da empresa Kvaerner Eureka Española, S.A.

Vista a publicación do texto do convenio colectivo da empresa Kvaerner Eureka Española, S.A., no DOG nº 35 do 20-2-1998, e advertido erro material de transcrición no artigo 11, páxina 1.798, onde consta «Os traballadores eventuais rexeranse pola súa regulamentación laboral específica e os incrementos serán sobre os seus conceptos salariais contratados». O dito parágrafo terase por non posto para tódolos efectos legais, por non constar na última redacción do texto paccionado. Polo que en virtude do disposto no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, a Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra,

ACORDA:

Rectifica-lo erro material de transcrición do convenio colectivo da empresa Kvaerner Eureka Española, S.A., na forma anteriormente indicada, na súa publicación no Diario Oficial de Galicia notificándolle-la presente resolución ás partes afectadas, coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado a partir da data da súa notificación publicándose así mesmo a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 28 de abril de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

4620